InicioCULLEREDOTouriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na...

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Experiencia de vida a que levou Xosé A. Touriñán a pasada semana. O popular cómico e actor de Culleredo disputaba o pasado mes no Centro Penitenciario de Teixeiro un partido de fútbol entre amigos, ex xogadores e veteranos do Depor contra un equipo formado por internos e internas. Pero este pasado venres volvía ao centro para realizar unha visita máis completa e coñecer de primeira man o día a dia das persoas privades de liberdade.

Foi invitado pola Fundación Érguete, e gracias á colaboración do centro, para partipar como entrevistado especial nun dos programas dun Taller de Podcast que desenvolve a entidade social recentemente premiada, coa axuda da Deputación da Coruña no módulo 1. Touriñán foi recibido con admiración e respecto, pero tamén con moita expectación, tanto polos internos como polos funcionarios, que quixeron ver a súa faciana máis humana.

Coa súa humildade e naturalidade habitual, Touriñán asinou autógrafos, bicou e apertou a todo quen llo pediu, e respondeu ás preguntas dos internos e internas que participan no taller de podcast, que quixeron debullar a súa carreira, ademais de coñecer como foi por dentro a rodaxe do filme +Cuñados, que se atopa estes días nas pantallas dos cines de todo o país.

“Teño o mal costume de cobrar por traballar, pero para estas cousas, se teño tempo, apúntome encantado”, sinalaba atravesando as ruidosas portas do centro para deixar claro que unha cousa é vir coñecer o centro e responder unhas preguntas, e outra sería “poñerse o mono de traballo para facer reír”. “É unha experiencia de vida”, recoñecía, tendo en conta ademais que en certos proxectos ten traballando con personaxes que teñen moita relación coa prisión.

Xose A Tourinan diante do mural de Mandela de Mondevane do Modulo 1 do Centro Penitenciario de Teixeiro
Xose A. Touriñán diante do mural de Mondevane do Módulo 1 do Centro Penitenciario de Teixeiro

”Que consellos nos darías”?

Foron varias as preguntas máis persoais que lles lanzaron, durante case unha hora, os “xornalistas” do podcast “Presiradio”. Sorprendido quedou cando lle preguntaron cales son as cualidades que ten que ter unha persoa para ter a súa amizade. E sorprendidos quedamos os asistentes ao saber que lle gusta estar rodeado de xente que “conta, e que conta ben”, pois se considera unha persoa que “prefire escoitar”.

Non calou falando de política á pregunta de se prefire a Feijoo ou a Pedro Sánchez. Sen coñecer a Sánchez, apuntou que Feijoo tiña un trato con el moi amable, pero recoñeceuse como unha persoa “máis de esquerdas”, que normalmente “voto aos que perden”. Contou tamén unha divertida anécdota, que foi cando de mozo, nunha das súas primeiras eleccións, votou ao PP de Culleredo polas 2.000 pesetas que lle regalaban os seus avós.

Tamén lle preguntaron que consellos lle daría ás persoas privadas de liberdade, despois de visitar algunha das celdas nas que pasan 15 horas ao día. Sen considerarse unha persoa de consellos, si que lles propuxo “a busca de momentos felices”, así como darll unha “doble pensada” antes de decidir, e sobre todo, intentar cambiar de dinámicas unha vez volvan á realidade. “A teoría é moi fácil”, valorou consciente Touri da dificultade de romper co teu pasado, pero si lles propuxo intentar “quitarlle volume ás cousas que facías coas amizades que te axudaron a equivocarte”.

Mucha, con ela empezou a “Xogar”

Se ten que escoller un papel da súa vida, con todo o difícil que pode ser iso, ese sería o de Mucha, a parella que fixo con Marcos Pereiro (Nucha) que as levou á fama. Ese foi o comezo de todo, tendo en conta que foi co seu amigo Marcos (compañeiro de pupitre, no balomnán…) co que comezou facendo teatro no cole, nos bares… e que acabou convertíndose no espectáculo co que saltaron á fama en Luar.

Nese sentido tomou como ”un regalo traballar con grandes desto como Miguel de Lira ou Fede Pérez”, nos dous filmes Cuñados e +Cuñados. “É moi fácil xogar con Mella ou Yeremay”, agradecendo con este símil a arte de todo o elenco dos filmes.
Porque precisamente, unha das cousas que segue buscando tanto na súa vida, a na súa carreira, “é seguir xogando, seguir sendo un neno”.

Falou tamén dos seu referentes, xentes como Gila, Martes y Trece, Eugenio, Chiquito, Paco Martínez Soria… ou os Carlos Blanco, Quico Cadaval, David Perdomo, David Amor… cos que agora ten a sorte de compartir escenario e cos que comparte o “gran superpoder humorístico dos galegos: a retranca”.

Land Rover, o final dunha etapa

Fixo un percorrido pola súa carreira, e demostrou saber rirse de si mesmo relatando a cantidade de veces que foi nomeado para os Premios Mestre Mateo, sen chegar a recibir nunca un dos galardóns do audiovisual galego.

Falou de Luar e do seu admirado Gayoso, de Botarse ao Monte (TVG) e Rutas Bizarras (La2), de series como El desorden que dejas (Netflix) ou da presión que se puxo enriba cando fixo “Tourilandia”.

E tamén falou, e nunca o fixera, do remate da súa etapa no LandRober, o programa de Roberto Vilar. “Creo que a colaboración chegou ao cumio e non había moito máis camiño. É posible que nos estancáramos nos personaxes e que non se estaba valorando o suficiente a participación, polo que o mellor era marchar”, explicou.

Así e todo, Touriñán levou unha boa “experiencia de vida” que lle serve para documentarse e para entender como é a vida das persoas que pasan as súa condenas nun centro penitenciario como o de Teixeiro.

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here