InicioCULTURAO Rosalía acolle este mércoresun recital poético-musical por Luísa Villalta

O Rosalía acolle este mércoresun recital poético-musical por Luísa Villalta

Publicada o

Por editor

Este mércores 25 de setembro, ás 19:30 horas, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle un recital poético-musical organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar a vixencia da figura de Luísa Villalta cun recital poético-musical, vinte anos despois do seu pasamento.

O acto, conducido por Cesáreo Sánchez Iglesias e Beatriz Maceda, contará coas interpretacións musicais de Florian Vlashi e César Morán, e lerán textos da autora herculina
Ana Romaní, Antía Otero, Daniel Asorey, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Henrique Rabuñal, Marga do Val, Marica Campo, Marta Dacosta, Miro Villar e Pilar García Negro.

A AELG quere seguir deixando patente neste ano no que as Letras Galegas está adicada á creadora coruñesa, que “Luísa Villalta constitúe unha destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical coma no literario; a súa obra abarca todos os xéneros (poesía, teatro, novela e ensaio literario) sempre dende unha perspectiva renovadora e orixina”. Lembran que “Luísa foi coñecida polo seu grande activismo cultural, que de xeito constante e desinteresado levou a cabo en colaboración con diversas asociacións culturais, colectivos e proxectos de diversa índole”, entre as que destacan a súa participación no Consello Directivo da AELG durante varios anos.

 

A entrada será libre, até completar capacidade.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here