InicioBARRIOSAs protectoras de animais buscan axuda social para coidar as colonias felinas

As protectoras de animais buscan axuda social para coidar as colonias felinas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O pleno do pasado xoves, despois das leas partidistas, tomaban a voz os barrios de Someso e Mesoiro facendo un uso do escano cidadán.

Tamén subía a este espazo de participacion cidadá Eugenia Vacas, unha veciña do barrio de Visma que solicitaba do Concello un maior compromiso da Concellería de Medio Ambiente no coidado, esterilización e mantemento das colonias felinas.

Platas atotpouse cunha resposta crúa da nova responsable de Medio Ambiente, Yoya Neira, que lle esptou con rotundidade que a Concellería tiña cousas máis importantes ás que atender, e que requería un orzamento que non ía dedicar. Foi máis alá culpando da proliferación incontrolada de gatos, á irresponsabilidade da veciñanza que lles dá comida fóra das colonias censadas.

Atónita quedaba Platas, que non tivo opción á resposta, como atótinas quedan as voces das protectoras de animais da cidade ao coñecer a resposta da concelleira.

Porque a relación das Protectoras co Concello está lonxe de ser a mellor. Dende hai uns anos, todo o control das colonias lévao a empresa concesionaria Servigal, e as Protectoras non reciben axuda ningunha. Con todo, o control da concesiaria adoita centrarse nas 13 colonias felinas censadas, cando na realidade son moitísimas máis as que hai na cidade.

Así, Protectoras como Micos e Nós, tratan de mellorar a calidade de vida de colonias por toda a cidade, pero non reciben axuda nin para comida, nin para os procesos de esterilización, nin para as operacións que realizan a gatiños enfermos, e teñen que estar buscando axuda solidaria a través do número de conta ou de plataformas de micromecenazgo como teaming, onde xa teñen 101 persoas que doan 1 euro ao mes, tendo recadado máis de 2.000€ da veciñanza.

Esta semana estiveron en varios supermercados Gadis pedindo axuda á veciñanza para mercar comida de gatos.

As colonias

Actualmente na cidade da Coruña existen recoñecidas 13 colonias felinas que son:

  • Adormideras (fronte a los Menhires)
  • Torre de Hércules (acceso a praia Lapas)
  • Rotonda Pavo Real (acceso ao Punto Limpio)
  • Los Rosales (no lateral de Maderas Peteiro)
  • Palavea (preto do lavadoiro)
  • Monelos
  • Os Castros (zona Adif)
  • Praia de Oza
  • Falperra
  • Barrio de las Flores
  • Dique de Abrigo – Parrote
  • Parque Sta. Margarita
  • Eirís

Máis novas

Os barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán do pleno

O pleno de outubro reflexiona sobre o novo modificativo de crédito, a execución orzamentaria e os traballadores municipais

ÚLTIMAS

Un plan para enganar cunha herdanza leva a dúas persoas a xuízo

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro 7 de maio a dúas persoas...

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here