InicioECONOMÍAOs traballadores de Nacev maniféstanse en Repsol ante a falta de pago

Os traballadores de Nacev maniféstanse en Repsol ante a falta de pago

Publicada o

Por editor

Coincidindo coa xornada de folga (cun seguemento do 100%), os traballadores e traballadoras de Navec (empresa que realiza servizos de mantemento para a industria) concentráronse esta mañá de venres 18 de outubro na porta principal da refinería de Repsol en demanda de garantías no cobro das súas nóminas.
Aproveitando que saíron compañeiros doutras contratas a apoialos (no tempo do bocadillo), fíxose unha pequena manifestación dende a porta da refinería ata a rotonda de Meicende con arengas claras en alusión á falta de cobro.

Segundo explican dende a CIG, a empresa, que xa viña arrastrando atrasos no ingreso dos soldos atópase en concurso de acredores dende o 27 de setembro, polo que, ante a falta de información concreta sobre o abono das nóminas e a continuidade dos empregos, o persoal acordou iniciar mobilizacións e ir á folga para reclamar un plan de viabilidade.

Concentracion traballadores NAVEC REFINERIA-CIG

Os traballadores atópanse nun contexto de total incerteza, xa que a administración concursal lles comunicou aos comités de todo o grupo Navec que non sabe o día no que se poderán pagar as nóminas, así como a súa intención de iniciar os trámites dun ERE concursal.

A CIG, que ostenta a maioría do comité, está en comunicación coa administración concursal e personada no xulgado do mercantil de Tarragona para seguir o desenvolvemento do proceso e velar para que se respecten os dereitos do persoal. Esixen o cumprimento do dereito á subrogación recollido no convenio colectivo de siderometal da Coruña.
Os traballadores voltarán á folga os martes e xoves.

ÚLTIMAS

A Coruña arrinca hoxe a V Festa Amergin da Poesía Atlántica

A cidade da Coruña celebra do 25 ao 27 de xuño a V Festa...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here