InicioBARRIOSLabañou, Cidade Vella e Os Mallos poñen as castañas ao lume

Labañou, Cidade Vella e Os Mallos poñen as castañas ao lume

Publicada o

Por editor

Varios barrios da cidade celebran esta fin de semana o seu magosto.

Hoxe venres 8 tócalle á asociación veciñal de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. Terá lugar na praza da Tolerancia ou, en caso de choiva, no patio cuberto do CEIP de Prácticas. A partir das 17.00 horas haberá un obradoiro de cabazas. Ás 18.45 horas farase unha procesión de Samaín desde a praza do conservatorio.
Haberá tres actuacións durante a celebración: o espectáculo familiar dos Monifates (19.15), a actuación do grupo tradicional Son d’Aquí (20.00) e a actuación musical de Mekanika Rolling Band (21.00). Haberá castañas de balde e chocolate para a rapazada.

Por outra banda, o sábado 9 celebrarase o magosto da Cidade Vella, promovido pola Asociación de Veciños da Cidade Vella e coa colaboración do Concello. Será na praza de Azcárraga e comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de cabazas e xogos infantís tradicionais. Ás 19.00 haberá unha procesión de cabazas e ás 19.30 celebrarase un magosto popular con bebida e castañas asadas. Ás 20.15 haberá unha foliada a cargo de Son D’Aquí e, xa pola noite, haberá queimada popular a partir das 23.00.

Por último, o domingo 10, de 11.00 a 20.00 horas, celebrarase o Mallosto, o magosto do barrio dos Mallos, promovido pola FUCC e Distrito Mallos e que conta co apoio do Concello.
Celebrarase na praza da agra dos Mallos. Haberá un mercado de outono, con postos dos comercios do barrio e de artesanía, de 11.00 a 19.00. Tamén haberá postos de comida de 11.00 a 20.00. Durante toda a xornada celebraranse actividades infantís, así como obradoiros e actividades. Haberá sesión vermú a cargo da Duendeneta de 13.00 a 15.00 e actuación musical de Bailaches Carolina Dilleis de 18.30 a 20.00 horas.

ÚLTIMAS

O Recorda Fest volveu encher A Coruña de himnos musicais pasados e presentes que unen xeracións

O Recorda Fest converteu este sábado A Coruña nun grande escenario de lembranzas, emocións e festa...

O Flores Rock afiánzase como unha das últimas citas roqueiras da cidade

Fantástica xornada onte á noite no Flores Rock, un festival montado pola Asociación de...

Capercaillie celebra os seus 40 anos cun concerto no “Folk no Colón”

Tralo comezo en maio cos concertos de Treixadura e Abraham Cupeiro, retómase o ciclo...

Xulio Abalde será o novo subdelegado do Goberno na Coruña

O exrector da Universidade da Coruña (UDC) Xulio Abalde será o novo subdelegado do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here