InicioBARRIOSEstas son as partidas para os barrios que desbota o goberno municipal...

Estas son as partidas para os barrios que desbota o goberno municipal para o novo modificativo de crédito

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Negocia estas semanas o grupo socialista coa oposición o novo modificativo de crédito. Será o M6, o sexto, e desta volta de nada menos que de 10,7 millóns de euros, o que pasará o PSOE no pleno extrtaordinario do vindeiro luns. 10,7 millóns de euros que o grupo de goberno ten que sacar doutras partidas que agora analizamos.

Para que son os 10,7 millóns

A meirande parte, 8 millóns de euros, serán destinadas para pagar este ano as facturas do autobús urbano, unha cifra xigante, pero que ten aínda outra lectura, como denuncia o PP: “A débeda do concello coa concesionaria entre marzo e setembro é de 9,6 millóns e se contamos outubro, 11,7 millóns. Polo tanto, o goberno municipal aínda debe á empresa 3,7 millóns de euros”.

Outro 1,1 millóns de euros seran destinados á UDC polas obras da Cidade TIC, aos que se suman os 400.000 aprobados no M%, quedando aínda por pagarlle á Universidade case 1 millón de euros.

5 millóns de baixa”

As consencuencias son claras e os barrios e os equipamentos son os que pagan esta falta de previsión orzamentaria, como denuncia o grupo popular. Así as partidas que se caen do orzamento para este 2024 son:

  • 2,2M€ para o centro García Sabell e o CC O Birloque e bibliotecas municipais.
  • 1,27 M€ para modernización de prazas e pavimentación, aos que se suman 2,7 mllóns para mellorar vías públicas eliminadas en enmendas anteriores.
  • 215.000 € para novas instalacións deportivas.
  • 680.000 € para rehabilitar a Lágrima de San Roque e o Parque Europa e o Camiño do Cura nos Rosales e na Avda da Concordia.
  • 480.000 € para saneamento en Eirís e Elviña.

Máis novas

O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here