InicioA CORUÑACiclo de Coros Galegos na Coriña en decembro

Ciclo de Coros Galegos na Coriña en decembro

Publicada o

Por europapress

A Coruña acollerá os días 1, 14 e 15 de decembro, no Teatro Rosalía de Castro, o Ciclo de Coros Galegos, unha iniciativa presentada nun acto con presenza do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Esta iniciativa ten como obxectivo a visibilización de colectivos que, como Cantigas da Terra, tratan de recuperar, preservar e divulgar o folclore galego en calquera das súas expresións.

“Incluíndo formatos tan importantes para o folclore como os cuartetos tradicionais e os grupos de baile, que dan conta da riqueza da cultura oral galega”, subliñaron os seus promotores.

Nos concertos programados no Teatro Rosalía, o público poderá escoitar os coros Cantigas e Agarimos e a Coral de Ruada. Ademais, participará o cuarteto Ansuíña e o grupo Rebulir.

ÚLTIMAS

Dous veleiros sofren novas arremetidas de orcas fronte á Coruña

Dous veleiros sufriron este domingo novas arremetidas de orcas fronte á costa da cidade...

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

Comisan máis de 112 quilos de percebe furtivo na Coruña

Segundo informou a Consellería de Presidencia, os operativos foron realizados por axentes do Equipo...

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...