InicioBARRIOSCando as persoas privadas de liberdade se convirten en "axentes do cambio"

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois da duodécima limpeza do Areal da Torre ou Praia das Lapas, chegou este mércores ao seu fin a primeira edición do proxecto Entre Crebas. Un proxecto singular que desenvolve a Asociación Mar de Fábula no Centro de Inserción Social da Coruña, convertindo ás persoas privadas de liberdade en verdadeiros heroes medioambientais e exemplos de concienciación para o resto da veciñanza.

O Salón de Actos do centro acollía o simbólico peche anual do proxecto. A directora Carla García daba a benvida ao cento de internos e internas que participaron na presentación, dando paso en primeira instancia a Ubaldo Cerqueiro, membro do Xornal e do diario Quepasanacosta, que leva acompañando e facendo de altofalante das actividades da entidade dende o seu nacemento en 2014. Ubaldo destacou a enerxía, ilusión e amabilidade que transmite Xosé Manuel Barros, alma de Mar de Fábula, engailando a todo colectivo que se lle poña por diante e convencendo a todo o mundo de que, xuntos, é posible cambiar o mundo.

Cando apañar o lixo plástico mariño sanda as feridas do mar e ás persoas

O propio Barros, moi emocionado, recoñeceu que esta foi para el “unha gran experiencia a nivel persoal”, por colaborar cun colectivo vulnerable. “Eu tamén son unha persoa que me sinto vulnerable por esta sociedade de consumo que nos enche de plásticos a nosa natureza”, sinalou, e puxo en valor o valor “sanador” que aportan estas limpezas para “todos aqueles que nos estamos reconstruíndo”. “Apañar o lixo plástico mariño, é dicir, sandar as feridas do mar, foime sanando a min tamén”.

Porque a realidade é que todas as persoas que participan en accións como as limpezas de praia rematan cunha sensación moi positiva, gracias ao sentimento de utilidade, a formar parte de algo bonito, dun equipo, de formar parte da sociedade. Precisamente este é o meirande valor deste proxecto, que lle abre a estas persoas privadas de liberdade a porta dunha sociedade que habitualmente lles é esquiva.

Se ademais de axudar nese proceso de reinserción, aos internos lles queda a idea de que non se deben tirar ás cabichas ao chan, e que non se pode usar tanto plástico de un só uso, este proxecto ten o éxito asegurado.

Miguel, o exemplo fetén

Proxecto Entre Crebas Miguel con Xose Manuel
Miguel con Xose Manuel explicando o proxecto

Natural de Bergantiños, Miguel é o exemplo ideal do impacto que pode ter este programa nas persoas que participan. Máis alá de dar un paseo mensual polo Areal, a Miguel este proxecto supón un cambio de vida, e un camiño cara outras formas de disfrutar o tempo de lecer, facendo cousas positivas. “Ás veces baixo a limpar un rato e sintome agusto comigo mesmo, síntome ben con estas accións”, relataba este interno que pronto sairá en liberdade total, pero que se comprometeu a participar nas accións do vindeiro anos. “Para mín é unha labor social, síntome útil, síntome que fago algo para ter un futuro mellor”, apuntou.
“Navegamos todos na mesma nave e temos que coidala”, comentaba tamén un interno durante a presentación; e “non é o noso lixo pero sí o noso planeta”, lembraba a presidenta da entidade, Virginia Barros.

”Ciencia cidadá” para analizar o ”lixo mariño, a globalización perfecta”

Pedro López, membro de Mar de Fábula, encargouse de ofrecer un marco global a estas pequenas accións locais, destacando que o lixo mariño é un perfecto exemplo da “contaminación global” que vivimos, porque o que recollemos nos nosos areais pode proceder de calquera parte do planeta.

Pola súa banda, quixo destacar o papel “importante” da acción medioambiental realizada durante todo o ano, como un “exercicio de ciencia cidadá que ofrece unha fotografía do maltrato co que esta sociedade de consumo está explotando un areal como o das Lapas”. Puxo en valor ese seguemento de 12 meses, facendo limpezas nas que se recolleron 8288 residuos. “Si temos aliviado o mar”, resaltaron, pero concluíndo que “a gráfica sube mes a mes, porque cada vez hai máis plástico na nosa sociedade”.

Barros e Miguel foron debullando os tipos de plásticos aparecidos no areal, sendo o plástico o residuo máis importante que se atopa. Pero tamén as cabichas, que poden chegar ao mar arrastradas polas chuvias dende as rúas polas redes sumidoiros; ou as toalliñas e bastónciños que seguen chegando dende os nosos bateres.
Debullaron dous tipos de refugallos característicos deste areal, como son os cristais e as pezas de cerámica (principalmente ladrillo), que poden proceder dunha antiga escombreira.
E despois están as Crebas, esas curiosidades que devolve o mar.

Non esqueceu críticar a “burrada ecolóxica” de meter os tractores no verán como “exercicio de hipocresía” municipal para co turismo.

Obradoiro de “crebarte”

Ao remate, Virxinia coordinou un obradoiro para a creación de pequenas obras de arte utilizando o lixo plástico atopado no areal durante todo ano. Un momento distendido onde a creatividade e o humor é compartida entre internos, funcionarios e membros da entidade.

Obradoiro de Crebas de Mar de Fabula no CIS copia

2025, en Santo Amaro

Barros anunciou que o proxecto continuará cunha nova edición en 2025, pero desta volta no areal de Santo Amaro. Un espazo máis visible no que os internos se convertirán en “axentes do cambio”, dando exemplo e invitando á veciñanza a unirse a estas accións.

Máis novas

Entre Crebas, integrando dende o lixo plástico

A labor de reinserción das limpezas medioambientais de Entre Crebas

O proxecto Entre Crebas avanza cara o primeiro aniversario en clave de reinserción e concienciación medioambiental

As cabichas, as grandes contaminantes do Areal da Torre

De prisión, a activistas contra o lixo plástico

 

ÚLTIMAS

O pleno ratifica un novo modificativo de crédito para pagarlle as facturas á compañía de Tranvías

Acollía o Palacio de Maria Pita unha nova sesión plenaria, desta volta extraordinaria e...

Detida a parella do dono da axencia de viaxes da Coruña denunciado e arrestado por estafa

A Policía Nacional procedeu á detención da parella do dono da axencia de viaxes...

A mostra que recolle a creación de vínculos emocionais entre a cativada da Escoliña e os maiores da Residencia de Monte Alto

Emotiva exposición a que se estreaba onte na Fundación Luís Seoane. "Recuérdame" recolle o...

Condenada a empresa de seguridade do aeroporto coruñés por vulnerar o dereito á integridade moral dunha empregada

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here