InicioMOV. SOCIAISXosé Abad deixa a dirección da Rede Acampa pola Paz tras 9...

Xosé Abad deixa a dirección da Rede Acampa pola Paz tras 9 anos de máxima dedicación

Publicada o

Por editor

Despois de 9 anos á fronte dun extenso equipo de profesionais voluntarios, o fotodocumentalista Xosé Abad, impulsor e coordinador da Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio na cidade da Coruña, vén de ceder o relevo para poder retomar as súas responsabilidades profesionais e persoais ao cen por cento.

A asemblea xeral da asociación, que ten consolidado os seus Encontros como un referente internacional no campo da defensa dos DDHH e do xornalismo humanitario, aprobou esta mañá de sábado 25 de xaneiro de 2025 a renovación da súa xunta directiva, pasando a facerse cargo da coordinación xeral da mesma a filóloga e docente especializada no traballo con colectivos vulnerables, Estela López.
O equipo ao fronte de Acampa queda conformado por Roi Abad, na vicepresidencia, Rubén Sánchez Imizcoz, a cargo da tesourería, Tamara Rademacher na secretaría e Hortensia Rossi como vogal responsable de organizacións.

Agradecemento ao traballo voluntario que puso en pé Acampa

Xosé Abad comezou o seu discurso de despedida lembrando a Carlos Reguera, membro fundacional de Acampa recentemente falecido que ocupou a secretaría da organización desde os seus inicios. Agradeceu o traballo de todas aquelas persoas voluntarias que pasaron polos distintos equipos de traballo de Acampa pola Paz dando o mellor de si mesmas, de maneira xenerosa e intensa, e en especial ao equipo de coordinación, tamén, sempre de carácter voluntario. Tamén puxo en valor a contribución das organizacións máis activas da rede e o seu compromiso nos actos promovidos en cada Encontro Internacional.

Abad, alma mater de Acampa pola Paz, dá agora un paso atrás confiado en que o proxecto está consolidado e a súa continuidade garantida. “Afortunadamente, ninguén é imprescindible e temos un equipo con moitas ganas de abordar os retos pendentes, que non son poucos”, indicou. “Creo no futuro desta aposta e do movemento que xera, xa que en poucos anos e partindo de cero, alcanzou un gran prestixio dentro e fóra das nosas fronteiras, logrando contaxiar a persoas de moitas outras cidades” explicou o fotodocumentalista, resaltando a rede Acampa pola Paz conformada en Brasil desde as 2019 grazas ao compromiso do equipo que coordina a Profesora Doutora Célia Regina Rossi.

O coordinador saínte non quixo deixar pasar por alto o seu agradecemento persoal aos case sesenta fotógrafos e fotógrafas de primeiro nivel que, ano tras ano, encheron as rúas da cidade con historias e imaxes que a ninguén deixaron indiferente, exposicións que en cada edición foron vistas por un cuarto de millón de persoas.
Tamén fixo mención aos principais relatores e relatoras nacionais e internacionais que, ano tras ano, trouxeron ata os xardíns coruñeses os seus relatos directos sobre o que acontece na cara B do mundo: guerras, conflitos, desastres naturais, espolios, secas, fames negras… axudando ao público asistente aos Encontros a entendelos e a fortalecer o seu pensamento crítico.

Manter a esencia de Acampa 

“Debemos resistir tamén a tentación de converter Acampa no que non é, tratando de substituír a partidos, sindicatos ou movementos que convocan accións de resposta social na rúa, tan necesarias; pero sen deixar de ser o vínculo de unión que apoia, acompaña, e amplifica aquelas accións encamiñadas á defensa dos DDHH”.

Así mesmo, convidouse a organizacións e socios a propoñer candidaturas ao que será o Recoñecemento Acampa á Defensa dos DDHH 2025. O prazo estará aberto ata o 31 de xaneiro. As bases reguladoras e o formulario poden consultarse na web de Acampa pola Paz: www.redeacampa.org

O novo equipo resultante da asemblea de hoxe comeza xa a programar o que será o IX Encontro Internacional Acampa pola Paz centrado no “Dereito á paz” e que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xuño.

Máis novas

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

A Rede Acampa mergúllanos no campo de exterminio de Gaza

ÚLTIMAS

Últimos días para visitar as exposicións de Viñetas desde o Atlántico

Foron máis de 120.000 persoas as que participaron na feira, tanto ás distintas exposicións,...

Sumar leva ao Congreso “a privatización” das Xubias

Non parece que estea de todo pechado o convenio urbanístico das Xubias, a pesar...

Morre un neno de dous anos nun accidente doméstico nun domicilio da Coruña

Un neno, duns dous anos de idade, faleceu nun accidente rexistrado na noite do...

Curtis xuntou a varias xeracións para render unha nova homenaxe ao Tío Benito do Santo

Continúan as homenaxes ao Tío Benito do Santo, que comezaron en xuño de 2024...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here