InicioA CORUÑAInés Rey defende as contas para o 2025 fronte as críticas da...

Inés Rey defende as contas para o 2025 fronte as críticas da oposición que as ven inviables

Publicada o

Por monchomarino

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou, de cara ao debate dos orzamentos municipais para este ano elaborados polo goberno local — 379 millóns, catro máis que o exercicio anterior — que será a oposición, PP e BNG, os que terán que explicar “o sentido do voto” en caso de non apoialos.

Fíxoo tras aprobarse na Xunta de Goberno deste venres as citadas contas, que serán debatidas na sesión plenaria do próximo 6 de febreiro coas críticas avanzadas xa por parte de nacionalistas e populares.

Nun comuicado, o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, — que xa descartou o ano pasado un acordo cos socialistas por non cumprir, dixo, os pactados en relación ás contas de 2024 — afirma que “carecen de credibilidade”. Tamén denuncia que “por primeira vez desde 2016 prescíndese da participación cidadá na súa elaboración”. Ademais, apunta ao “baixo nivel de execución” en 2024.

“O orzamento é máis do mesmo, repite investimentos doutros anos”, afirma o portavoz municipal do PP, Miguel Lorenzo, para quen se presume “do orzamento máis alto, pero a documentación demostra a súa incapacidade para gastar o que recadan”.

Pola súa banda, a rexedora asegurou que o goberno local estivo “aberto a suxestións e propostas” pero que non recibiron “ningunha”. “Non creo que estean en contra de que se aumente o gasto en benestar social ou dun ambicioso plan de barrios”, citou ao reivindicar, ademais, as partidas incluídas no ámbito cultural ou do turismo, entre outras.

ÚLTIMAS

A Coruña acolle a VII Semana do Cinema Galego con oito proxeccións gratuítas

A cidade da Coruña dará comezo este martes, 7 de abril, á VII Semana...

A Audiencia da Coruña xulga un home acusado de recibir drogas por correo para a súa distribución

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará este mércores, 8 de abril,...

Detida unha muller en Culleredo como presunta autora dun delito de furto de xoias, por valor de 10.000 euros

A Garda Civil de Culleredo detivo a unha muller como presunta autora dun delito...

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here