InicioCULTURAIsabel Risco rescata a Nabiza Girl para os escenarios

Isabel Risco rescata a Nabiza Girl para os escenarios

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ademais do salto ao comic e  á animación, Nabiza Girl volverá este domingo aos escenarios. A polifacética actriz herculina Isabel Risco volverá enfundarse neste 2025 na pel da súa personaxe Nabiza Girl, superheroína destemida que se verá na obriga de combater desde os escenarios o paulatino esmorecer da cultura galega.

Sada acollerá o vindeiro domingo 23 de febreiro a estrea de ‘As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante’. A xira continuará no Centro Ágora da Coruña o 14 de marzo, en Barbadás o 28 de Marzo e en Muros o 5 de abril
Isabel Risco escribe o texto xunto ao guionista Carlos Ares e Fran Rei, director da obra, e comparte escena co intérprete Alberte Bello

O espectáculo “O estraño caso da Cultura Minguante” estrearase o domingo 23 de febreiro ás 19.00 h na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. Este Concello acolleu a residencia artística durante a que se desenvolveron os ensaios deste espectáculo, produción conxunta entre Isabel Risco e a produtora La Yogurtera. A distribución corre a cargo de Culturactiva.

A xira continuará o 14 de marzo no Centro Ágora da Coruña, en Barbadás o 28 de Marzo e en Muros o 5 de abril. As entradas para Sada pódense adquirir xa na web do Concello de Sada.

O actor Alberte Bello, Isabel Risco e o director Fran Rei
O actor Alberte Bello, Isabel Risco e o director Fran Rei. Foto- Carlos Babío

Máis novas

Isabel Risco, premiada co Premio Rebulir

A superheroína herculina Nabiza Girl, dá o salto á animación para animar á mocidade a usar o galego

A superheroína herculina “Nabiza Girl” xa ten o seu cómic

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña pídelle “altura de miras” ao BNG tras deixala plantada para negociar os orzamentos de 2027

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, convocará o PP para negociar o...

O persoal municipal de Cambre retomará as mobilizacións ante “incumprimentos” en materia laboral

O persoal municipal do Concello de Cambre (A Coruña) retomará as mobilizacións "ante a...

O Parlamento pide reforzar a presenza policial nas zonas da Coruña con maior incidencia delitiva

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha iniciativa do PPdeG para pedir ao...

Sumar e Podemos poñen a posible licenza das Percebeiras como unha proba da posible alianza PSOE-PP na cidade

Despois do tira e afloxa protagonizado xa por PSOE e BNG sobre a improbable...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here