InicioOLEIROSO IES Miraflores arrincou as celebracións polo seu 25 aniversario

O IES Miraflores arrincou as celebracións polo seu 25 aniversario

Publicada o

Por editor

O xoves, 27 de febreiro de 2025, foi un día moi especial no IES Miraflores xa que deron comezo as celebracións polo seu 25 aniversario. Os actos contaron coa presenza do Inspector do centro, Juan Carlos Varela, dos dous ex directores, Andrés Gabín e Paula Medín, así como de alumnado e profesorado que forman parte da historia do centro, ademais de representantes do Consello Escolar e do Concello de Oleiros.

A xornada comezou cunha mesa redonda con seis exs alumnos e alumnas que, actualmente, exercen con éxito a súa profesión en distintos ámbitos como o xornalismo, a informática, a docencia, a radioterapia ou como autónomo. O alumnado de 2º de Bacharelato puido gozar das súas vivencias e recibir valiosos consellos de cara á PAU e á súa incorporación ao mundo laboral. Ademais, os poñentes compartiron o orgullo de levar consigo, no seu día a día, a formación académica e en valores adquirida no centro, así como moitas amizades forxadas nel.

A continuación, e xa no exterior, as palabras dos distintos representantes tinguiron o momento dunha gran emotividade. O clímax da xornada chegou cando a profesora de Latín e Grego hasta o curso 2024, Susana de Lorenzo,  interpretou o himno galego mentres se procedía á instalación dunha placa conmemorativa e á plantación dunha árbore cargada de simbolismo: un teixo de 25 anos! Esta árbore, venerada polos pobos celtas, era considerada un símbolo da vida eterna debido á súa gran lonxevidade que lle confería un carácter case inmortal.

25 aniversario IES MIraflores

Ao mesmo tempo, procedeuse a enterrar unha cápsula do tempo que contiña, entre outros obxectos, un xornal do día, as orlas de todas as promocións tituladas (incluída a do presente curso), unha estreliña en recordo da actividade solidaria con Valencia tras o desastre provocado pola DANA, unha playlist coas cancións máis populares do  momento, unha chapa de Rosalía de Castro e redaccións do noso alumnado sobre como imaxinan o centro dentro de 25 anos ou os avances que cren que se poderían producir nese período.

ÚLTIMAS

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Despois de meses de queixas, protestas e manifestacións de milleiros de familias a través...

“Non tería collóns de facer semellante cousa”, di a irmá do loteiro acusado de quedar cunha Primitiva

A irmá dos dous acusados por, presuntamente, quedar cunha primitiva millonaria na Coruña en...

Folga indefinida dos controladores aéreos de Alvedro a partir deste venres

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO convocaron a partir do 17...

A Lonxa do Gran Sol e o encoro de Meicende, entre as obras que renecesitan rehabilitación e difusión pública para o Colexio de Enxeñeiros

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia vén de emitir...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here