InicioA CORUÑASolicitan a inclusión de máis información na web de Coruña Marítima

Solicitan a inclusión de máis información na web de Coruña Marítima

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unha vez aberta a web do proxecto Coruna Marítima que recolle propostas para anexar documentación, as entidades cidadás póñense mans á obra para intentar corrixir as principais eivas que presenta o Master Plan.

Unha das primeiras entidades que levanta a man é a Plataforma Defensa do Común, que tras revisar e estudar detidamente toda a documentación aparecida no buzón de www.corunamaritima.com, o primeiro que nota é que “falta información adicional imprescindíbel para aportar con rigor unha valoración razoada“. A este respecto, solicitou onte, a través do propio buzón da páxina web a citada documentación.

A Plataforma considera que “todo proceso participativo (aínda que sexa en forma limitada e degradada como o que se habilitou mediante este Buzón de suxerencias) esixe unha suficiente base material de soporte documental que asegure a posta a disposición da cidadanía e entidades co que avaliar e fundamentar súas alegacións”.

Pero é certo que na web habilitada unicamente figuran dous documentos, o de Bases estratéxicas e o Protocolo Xeral, “non figurando documentación que consideramos básica para poder realizar as aportacións. Ausencia documental que é tanto mais grave no referido a plans e instrumentos de ordenación, convenios, estudos e informes aos que mesmo se refire expresamente o documento de Bases estratéxicas”.

Piden tamén a disposición de documentación relativa á situación económico-financeira da Autoridade portuaria, e mais en concreto á súa débeda, en tanto en canto a mesma e súa cobertura é un dos reiterados criterios e esixencias para a ordenación futura.

En consecuencia co anteriormente exposto, Defensa do Común solicita que á maior brevidade posible se incorpore á web a seguinte documentación :

1.- Convenios urbanísticos de 2004 (febreiro e outubro).
2.- Determinacións normativas para o porto no PXOM da Coruña de 2013.
3.- Documento de Delimitación e Usos portuarios (memoria e planos).
4.- Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto da Coruña (contido normativo e planos).
5.- Estudo taxolóxico patrimonial realizado pola UDC.
6.- Estudo previo prospectivo arqueolóxico.
7.- Estudo de contaminación encargado pola APAC (de estar xa disponible).
8.- Plan de empresa da Autoridade Portuaria dos 4 últimos exercizos.
9.- Plan estratéxico do porto da Coruña.
10.- Convenio APAC-Repsol do 2013, así como as auditorías da súa execución.
11.- Informe económico-financeiro sobre a débeda da APAC, detallando a orixe e destino efectivo dos seus fondos, o custo desagregado do servizo da débeda e as previsións futuras da súa cobertura.
12.- Informe sobre as concesións vixentes nos peiraos do porto interior, súa localización e uso, así como a data de extinción.
13.- Previsión contable de peches de contas de balance e resultados da APAC a 31/12/2024.

Máis novas sobre o proxecto

Abren o prazo para facer proprostas ás bases estratéxicas do plan ‘Coruña Marítima’

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

ÚLTIMAS

O Entroido de Samede revive o rural

Marabilla ver como as aldeas do noso rural están recuperando os entroidos ancestrais que...

Interceptada na Coruña unha muller que circulaba sen carné e drogada tras unha persecución policial

A Policía Local da Coruña interceptou, despois dunha persecución, a unha condutora que circulaba...

Nutrida presenza galega entre as semifinalistas aos Premios MIN

Bandas como Baiuca (Catoira), Caamaño & Ameixeiras (Oza dos Ríos e Baio/Laxe), Bala (A...

4 meses coas “cacas rodando pola rúa”

Máis de 4 meses leva a veciñanza dos Mallos, da confluencia da glorieta La...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here