InicioBARRIOSO PP urxe ao goberno local da Coruña unha solución polos "ruídos"...

O PP urxe ao goberno local da Coruña unha solución polos “ruídos” na Casa Veeduría

Publicada o

Por europapress

O portavoz municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo levará a pleno “o problema de ruídos” producidos, segundo denunciou, pola maquinaria de ventilación e climatización da Casa Veeduría, na Cidade Vella.

Acompañado por veciños, indicou que, tras finalizar as obras de rehabilitación dunha parte do edificio en decembro, en xaneiro puxéronse en marcha as citadas máquinas. “Os veciños teñen que soportar un ruído ensordecedor desa maquinaria durante moitas horas do día e mesmo da noite”.

“Estamos case falando dun problema de saúde, once horas de ruído”, recalcou para asegurar que veciños pediron que a Policía Local medise o ruído “e non lles han boto caso”. “Un veciño fixo unha medición de entre 62 e 70 decibilios cando o máximo son 40”, apuntou.

Fíxoo ao pedir á rexedora unha “solución”. “Falta diálogo cos barrios”, manifestou tamén para solicitar, ademais, o apoio en pleno á moción que presentarán os populares no pleno do xoves.

ÚLTIMAS

As cifras de inserción da Fundación Secretariado Xitano

Recibíu onte unha visita institucional a Fundación Secretariado Xitano, co gallo do convenio renovado...

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Calcinada por completo unha vivenda abandonada na Coruña

Un incendio orixinado na madrugada deste mércores nunha vivenda abandonada da rúa Calexa, na...

Denuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

A CIG-Saúde da Coruña denuncia a aposta do Goberno galego por continuar privatizando a...