InicioSUCESOSInvestigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas...

Investigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas co “timo do sicario”

Publicada o

Por editor

Garda Civil, no marco da ‘Operación Mamol Tenerife’, detivo e investigou a 19 persoas, residentes na provincia da Coruña e pertencentes a unha organización criminal que extorsionaba ás súas vítimas tras acceder estas a páxinas en internet de contido para adultos.

Segundo explican nun comunicardo, os axentes localizaron a máis de 300 persoas prexudicadas, ás que se estafou un total de 500.000 euros. A investigación iniciouse fai máis dun ano tras as denuncias presentadas polas vítimas en dependencias da Garda Civil da illa de Tenerife.

Segundo estas denuncias, as vítimas comezaron a recibir graves ameazas por mensaxería móbil, despois de introducir o seu número de teléfono e outros datos persoais en páxinas para adultos. Ditas ameazas ían acompañadas de vídeos que mostraban agresións físicas a terceiros e onde os extorsionadores exhibían armas de fogo e esixían pagos de diñeiro como condición para que as vítimas non sufrisen agresións similares.

Tal e como detalla a Garda Civil, esta práctica é coñecida como o timo do sicario. Por medio dela, os delincuentes introducen anuncios falsos en páxinas web dedicadas a ofrecer servizos para adultos de modo que, unha vez que a vítima os contrata, comeza a recibir ameazas por parte dun suposto sicario no caso de que non paguen unha determinada suma.

Por temor ás devanditas ameazas, en ocasións as vítimas acceden a pagar, aínda que os estafadores poden seguir coas súas coaccións e esixir máis diñeiro. Grazas a diversas análises informáticas e de documentos, terminais e liñas, os investigadores pescudaron que os extorsionadores realizaran máis de 370 actuacións delituosas con ese modus operandi, estafando 500.000 euros e enviando 180.000 euros a República Dominicana a través de diversas empresas.

A autoridade xudicial competente decretou o ingreso en prisión provisional de tres dos detidos. A operación foi desenvolvida polos Equipos de Investigación de Delitos Informáticos e Tecnolóxicos (EDITE) das Unidades Orgánicas de Policía Xudicial de Santa Cruz de Tenerife e A Coruña, sendo coordinada polo Xulgado de Instrución nº 3 da Coruña e a Delegación de Delitos Informáticos da Fiscalía Provincial.

ÚLTIMAS

Sindicatos ven “falta de respecto” da patronal na negociación do convenio de transporte de mercadorías da Coruña

Os sindicatos CC.OO., CIG e UGT anunciaron mobilizacións ante a actitude de "falta de...

Un incendio nunha vivenda da Coruña obriga a evacuar dúas persoas de madrugada

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas durante a madrugada deste domingo tras declararse un...

A Raíña do Flow, Juan Magán e Henry Méndez únense ao ‘Recorda Fest’ da Coruña

A terceira edición do 'Recorda Fest' xa ten o seu cartel case completo e...

‘Sericum’ tende unha ponte de seda entre culturas, soños e emocións no Teatro Colón

As noites do 18 e 19 de xuño, o Teatro Colón da Coruña transformouse nun escenario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here