InicioA CORUÑAProtesta na Coruña contra o "negocio da vivenda"

Protesta na Coruña contra o “negocio da vivenda”

Publicada o

Por editor

Galicia súmase o 5 de abril á primeira manifestación estatal pola cuestión da vivenda, que convocan os sindicatos de inquilinas da man doutras organizacións locais ao longo de toda España. Na Coruña, Santiago e Vigo, veciños xa se preparan para esixir “acabar co negocio da vivenda“, lema da convocatoria.

No comunicado da manifestación, recollido na web acabemosconelnegocio.es, expoñen que “os fondos de investimento e os rentistas seguen acumulando beneficios mentres miles de persoas son desafiuzadas, expulsadas dos seus barrios ou condenadas a vivir en condicións indignas”. Tamén dirixen a mirada cara ao Estado e os partidos políticos institucionais, cuxa “complicidade” consideran clave á hora de converter a vivenda nun “modelo de negocio“.

Por estes motivos, a organización chama “a todo o mundo a saír ás rúas” na que será a primeira marcha estatal con este motivo. “Isto non é só unha manifestación, é un paso máis na construción dun movemento forte, independente e combativo”, defenden.

Esta marcha prodúcese despois do éxito doutras protestas previas noutros puntos de España, como Madrid, Bilbao ou Barcelona. Ademais, na mesma capital catalá a mobilización veciñal impediu a inicios de 2025 o deshaucio de inquilinos en casa Orsola, o que desembocou na compra deste edificio –que pertencía a un fondo de investimento– por parte do Concello xunto a unha entidade de xestión de vivenda social.

A CORUÑA

A convocatoria na Coruña partirá ás 12.00 horas da praza de Ourense, fronte á Delegación do Goberno, ata chegar á praza de María Pita, onde finalizará o percorrido. Detrás dela está o Sindicato de Barrio da Falperra – Os Mallos, que está a organizar asembleas abertas de cara á preparación da manifestación no centro social A Revolteira. A seguinte será este martes 18 ás 19.00 horas, co obxectivo de continuar coa planificación e coordinación da acción de protesta.

Manifestacio-n-Vivenda-05-04-25-a-cor-1

Máis novas de urbanismo

Nace na Falperra-Os Mallos o primeiro Sindicato de Barrio para combater o rendismo

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

ÚLTIMAS

Lucía Veiga e Luz Casal, primeiras protagonistas das Festas de María Pita

Conta atrás para o verán, e para as Festas de María Pita. O 1...

CCOO mobiliza o sector bancario este mércores polo clima laboral con protestas na Coruña e outras sete cidades

O malestar laboral nas oficinas bancarias trasládase ás rúas. O sindicato CC.OO. decidiu convocar...

Saen á luz 200 páxinas inéditas das memorias de Syra Alonso, cronista excepcional da represión franquista

Un rescate histórico de enorme envergadura para a literatura e a memoria democrática de...

O PP denuncia que Inés Rei deixou sen executar máis de 105 millóns de euros nos barrios da Coruña

Nova fronte de crítica política na Coruña contra a xestión económica do executivo socialista....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here