InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Torre de Hércules apagará as súas luces este sábado pola Hora...

A Torre de Hércules apagará as súas luces este sábado pola Hora do Planeta

Publicada o

Por europapress

A Torre de Hércules, o Parlamento de Galicia, a ponte romana de Ourense e a Catedral de Santiago son algúns dos edificios que apagarán as súas luces este sábado, 22 de marzo, entre as 20.30 e as 21.30 horas con motivo da iniciativa A Hora do Planeta. A Hora do Planeta é unha iniciativa de World Wide Fund for Nature que consiste en apagar as luces de edificios e monumentos de cidades ao redor do mundo como símbolo de defensa do medio ambiente.

En Galicia, máis dunha trintena de municipios se apuntou a esta iniciativa. Participan cidades como: A Coruña (Torre de Hércules, Obelisco Millenium, fonte de Catro Camiños), Santiago (Parlamento, Praza do Obradoiro, Catedral e Pazo de Raxoi); Ferrol (Praza de Armas); Ourense (Deputación e ponte romana) e Pontevedra (Deputación, Palacete dos Mendoza, Edificio Castelao do Museo de Pontevedra).

Segundo a información de WWF, tamén participan diferentes edificios e prazas doutros municipios galegos de menor tamaño: As Pontes, Becerreá, Bergondo, Betanzos, Burela, Cangas, Carballo, Culleredo, Fene, Ferrol, Marín, Miño, Moeche, Monforte, Mos, Neda, Nigrán, O Rosal, Oleiros, Poio, Porto do Son, San Sadurniño, Sanxenxo, Sarria, Tui, Vilalba e Viveiro. Este movemento naceu en Sydney (Australia) o ano 2007 e desde entón, máis de 200 países se unen á iniciativa e apagan as súas edicifios durante unha hora no mes de marzo, como a Torre Eiffel de París ou o Coliseo de Roma.

ÚLTIMAS

BNG e Sumar Galicia critican “o fango” no que teñen convertido PSOE e PP o pleno coruñés: “Non é un feito illado”

O lamentable espectáculo queprotagonizaron PSOE e PP no pleno deste pasado xoves, non pasou...

O Club de Leóns da Coruña Decano entrega 3.000 kg de alimentos ao Banco de Alimentos

O Club de Leóns A Coruña Decano fixo entrega de 3.000 quilogramos de alimentos...

Guía para non perderse nada do Entroido da Coruña e da comarca

Facemos un repaso completo aos programas de Entroido da Coruña, pero tamén aos de...

Asociacións confían en que a familia Franco pague pola expropiación do Pazo de Meirás

Entidades memorialistas esperan que o Tribunal Supremo garanta a propiedade pública do Pazo de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here