InicioSOCIEDADEO estudantado de Educación Social da UDC únese para denunciar a precariedade...

O estudantado de Educación Social da UDC únese para denunciar a precariedade e a privatización

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O asasinato da educadora social de Badajoz conmocionou a todo o sector. Despois da concentración realizada o pasado día 13, esta semana ducias de estudantes de Educación Social da Universidade da Coruña (UDC) reuníronse na asemblea convocada polo Sindicato de Estudantes.

Ao longo de preto de dúas horas de debate e propostas, os e as estudantes decidiron “organizarse para converter a indignación e a dor en reivindicacións e accións que poñan fin ás condicións de abandono e precariedade que vive o sector social, as súas traballadoras, beneficiarios e beneficiarias”.

Os e as estudantes consideran que “o asasinato de Belén non é ningunha traxedia inevitable, senon a consecuencia directa das condicións laborais de precariedade e a privatización do sector”.

Polo tanto, esixen:

  1. A fin da privatización do sector, a educación social e o sector social non poden ser un negocio, son un dereito público.
  2. O fin da precariedade, os convenios “lixo” e as condicions de inseguridade por falta de medios e recursos económicos e humanos. Basta xa de recortes, inversións inmediatas para revertir a situación.
  3. Rexeitar os discursos racistas da extrema dereita e a criminalización da infancia en particular dos e das usuarias do sector social en xeral.
  4. Manifestar todo o noso apoio á movilización en Badajoz do 22 e mostrar o noso compromiso para organizarnos e impulsar movilizacións contra a precariedade e a privatización.
  5. Dende A Coruña facemos un chamado ao resto dos e das estudantes do sector a organizarse e contactar connosco para organizar a reposta

Máis novas

A Educación Social sae á rúa na Coruña tralo asasinato dunha profesional en Badaxoz

ÚLTIMAS

Xuventudes do PSOE da Coruña condenan “toda violencia” e piden non criminalizar aos manifestantes contra Vox

As Xuventudes Socialistas da Coruña condenaron "rotundamente" calquera "manifestación de violencia", tanto a "exercida...

Mocidade Socialista pide a absolución dos detidos na Coruña e a dimisión de delegado do Goberno e alcaldesa

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) pediu a absolución dos detidos nos disturbios rexistrados...

Estas son as posicións dos grupos políticos ante os acontecementos de onte

Despois da comparecencia do Delegado do Goberno Pedro Blanco sobre as manifestacións e os...

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here