InicioARTEIXODenuncian o estado de abandono total do Monticaño

Denuncian o estado de abandono total do Monticaño

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Un dos montes/parques máis auténticos da zona sur da área comarca, o Monticaño, en Arteixo, dá pena. Leva anos sen recibir un só euro, e o seu estado é lamentable, á excepción das instalacións da nova escola ecolóxica de SUMARTE e as actividades de mantemento que realizan os traballadores de APEM na súa contorna.

Cómpre lembrar que se trata du parque forestal, cunha extension de 70.000 m2, cedido dende hai 26 anos (ata os 50 anos) do Ministerio de Defensa para ser destinado a usos comunitarios, como parte do plan para defender o golfo Ártabro entre Ferrol e Caión. Un parque ideal para pasar unha tarde coa familia e gozar dunhas vistas do Atlántico aínda mellores que dende o Parque de Bens.

abandono Monticano

Ante esta situación de abandono o grupo municipal socialista de Arteixo presentará no vindeiro pleno unha moción para instar ao goberno local a recuperar o parque e para que cumpra coas súas promesas feitas en 2011 de convertilo no gran pulmón da zona norte do concello.

Os socialistas recordan que coa chegada do alcalde Carlos Calvelo ao goberno en 2011 se
sucederon numerosos anuncios e promesas para a recuperación do parque como a construción do centro de interpretación do Castro de Cociñadoiro, que contaría con aparcamento e un novo restaurante para atraer aos visitantes.

O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, explicou que “en 2014, o alcalde Carlos Calvelo anunciara a rexeneración do vertedoiro situado no parque, coa creación dun espazo de 182.000 m2 unindo as parroquias de Suevos, Pastoriza e Oseiro que incluiría un parque de enormes dimensións cun circuíto para percorrerlo e con distintas zonas e miradoiros: un na parte sur en Pastoriza, otro en dirección cara Coruña, un tercero con vistas a Monticaño e outro cara Langosteira. Nese plan tamén se incluia unha praza de grandes dimensións para celebracións populares e incluso un anfiteatro, ademais tería dous aparcamentos, na zona de Pastoriza e na zona de Suevos e unha área acuática con dúas balsas. Este proxecto sumaba un gasto de 900.000 euros”.

Ademais o vocero socialista lembra que o actual alcalde tamén “prometeu a creación dun Centro de Interpretación cos restos do castro do Cabo Cociñadoiro”. Continúa Seco sinalando que “en 2015, Carlos Calvelo anunciaba un Novo plan especial para cambiar o uso do solo do parque e unha negociación co Ministerio de Defensa para conseguir a titularidade dos terreos, incluso se contratou unha empresa para redactar os documentos necesarios para efectuar o cambio urbanístico” según afirma Martín Seco.
“Pero a realidade é que a día de hoxe as instalacións do parque están en peor situación que no ano 2011 e o abandono do mobiliario é total” manifesta Seco.

ÚLTIMAS

O Concello camufla a renuncia ao Mundial cun proxecto de remodelación da cidade deportiva de Riazor

Chegou o día. Pasaron un ano e tres meses dende que A Coruña foi...

As críticas da Xunta, PP e BNG trala renuncia do Concello a ser sede do Mundial 2030

Francisco Jorquera (BNG): “A alcaldesa apresurouse a pór a camiseta de Naranjito, ero...

Inés Rey: “Houbo que elixir, e nós escollemos o benestar do club e unha etapa de entendemento mutuo”

Trala escueta rolda de prensa na que Concello, RC Deportivo e Deputación anunciaban a...

Falece un operario tras caer do tellado do IES Agra do Orzán na Coruña

Un operario faleceu este luns na Coruña tras caer dun tellado no que traballaba...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here