InicioA CORUÑAPacma denuncia no Defensor do Pobo o abandono das colonias felinas da...

Pacma denuncia no Defensor do Pobo o abandono das colonias felinas da Coruña

Publicada o

Por europapress

Xa o levan tempo denunciando as protectoras da cidade, e xa demostrou a súa falta de interese a concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira nun dos plenos.

Agora é a coordinadora provincial do Partido Animalista PACMA na Coruña, Manuela García, a que vén de presentar unha queixa formal ante o Defensor do Pobo polo “silencio institucional” que denuncian por parte do Concello da Coruña, “tras case cinco meses sen resposta a un requirimento relacionado coa xestión de colonias felinas no municipio”.

Segundo recollen nun comunicado, Pacma subliña que esta situación de silencio administrativo “non é un caso illado, senón que forma parte dun problema estrutural que se estende a numerosos concellos da provincia”. “Moitos ignoran as súas obrigacións legais en materia de protección e xestión dos gatos comunitarios”, apuntan. Son os casos, explican, de Betanzos, Santiago, Sada, Oleiros, Bergondo, Arteixo, Cambre e Culleredo, ou de Monforte de Lemos, en Lugo, entre outros.

No requirimento expoñen unha lista de 30 colonias felinas non rexistradas, recompilada xunto aos propios alimentadores, así como a retirada de gatos sen previo aviso por parte do Concello na zona de San Pedro de Visma-Ágora. Indican tamén que se solicitou unha reunión co Servizo Municipal de Medio Ambiente, que non foi atendida desde febreiro de 2023.

Máis novas

As protectoras de animais buscan axuda social para coidar as colonias felinas

Os barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán do pleno

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...