InicioCAMBREOs traballadores municipais de Cambre ofician o enterro dos seus dereitos

Os traballadores municipais de Cambre ofician o enterro dos seus dereitos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Singular performance a protagonizada este mediodía polos traballadores municipais do Concello de Cambre no marco das súas mobilizacións pola estabilización laboral.

Desta volta, e coincidindo con outra xornada de pleno na que non se volveron levar as melloras para os escasos e produtos traballadores, prepararon un cadaleito e acodiron ao “Enterro dos nosos dereitos, ao enterro da nosa saude laboral… da nosa saúde mental… da nosa economia familiar… da nosa DIGNIDADE como traballador@s”, explican.

Ao son do Negra Sombra de Luz Casal, a comitiva fúnebre dende a Alameda ata as portas do Concello, onde realizaron o minuto de silencio.

Piden a constitución urxente da Relación de Postos de Traballo (RPT XA!), e lamebtan que “un concello economicamente solvente queira usar man de obra barata e explotada”, unha situación que afecta tanto ao persobal fixo como temporal. “Un exemplo de condicions laborais que pretende imitar ás peores empresas privadas en vez de ser modelo a seguir por elas”, critican.

Enterro dos Dereitos dos traballadores de Cambre

Máis novas

Os traballadores municipais de Cambre fan mención especial na súa loita aos interinos

A alcaldesa de Cambre enfróntase ao presidente da Deputación: “A súa visita parecía unha xuntanza de partido”

As traballadoras municipais de Cambre: “Todo mal”

ÚLTIMAS

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe,...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here