InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do...

A praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do CIS e Mar de Fábula

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta semana desenvolveuse a terceira pimpeza de lixo mariño na praia de San Amaro, que artella a Asociación Mar de Fábula en colaboración co Centro de Insercio Social da cidade no marco do proxecto Entre Crebas. Este pasado mércores, 25 persoas residentes no CIS, acompañadas por dúas funcionarias e socios de Mar de Fábula, volveron ao areal herculino para participar nesta acción de recollida e de concienciación mediambiental.

Unha actividade tremendamente positiva para o proceso de reinserción, para o sentimento de utilidade e de formar parte da sociedade, para estas persoas privadas de liberdade que pasan a súa última parte da condena en réxime de semiliberdade.

Tralas indicacións dos coordinadores, o grupo de participantes abriuse no areal de maneira relaxada, en calma, disfrutando do aire libre ao tempo que aliviaban ao mar desta contaminación crónica, sen fin, do lixo plástico miúdo envolto sempre nos argazos, coma un agasallo envenenado.

A esta hora, aínda cedo, numerosas persoas xa paseaban pola contorna, algunhas paran e
observan curiosas, pero ningunha se achegou a botar unha man. Todo se andará.

Despois de unha hora de traballo, o resultado da colleita foi o seguinte, apañaron 851 residuos: 97 refugallos actividade pesqueira (cordas, cordeis, anacos nasas, paos bateas…), 77 anacos poliestireno, 450 anacos de plástico 171 cabichas, e  60 bastonciños de algodón.

Unha nova demostración da necesidade de que as administracións realizasen máis a miúdo estas limpezas manuais.

 

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

Rescatado un home de 48 anos tras sufrir unha caída nas rochas na praia dos Mouros

Un home de 48 anos de idade foi rescatado este sábado tras caer nunha...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here