InicioSOCIEDADEUn veciño das Somozas de 42 anos leva un mes durmindo no...

Un veciño das Somozas de 42 anos leva un mes durmindo no seu coche despois de que a súa nai o botara da casa

Publicada o

Por europapress

Un veciño das Somozas de 42 anos que está a piques de cumprir un mes vivindo e durmindo no seu coche criticou que tras acudir ao concello e entrevistarse co alcalde este non lle ofreceu ningún tipo de axuda nin colaboración. “Nin tan sequera para un bocadillo”, detallou en declaracións a Europa Press.

Este veciño das Somozas relatou que se viu obrigado a durmir no seu coche despois de que a súa nai, coa que convivía, o botase. Segundo David, a súa nai “non está ben e ademais non toma a medicación”.

Ante esta situación, David acudiu ao Concello das Somozas para solicitar colaboración da Administración local, onde chegou a entrevistarse co alcalde, Juan Alonso Tembrás (PP). Con todo, asegura que non lle ofreceu “ningún tipo de solución, nada de nada, ningún tipo de axuda e nin tan sequera ofreceume para un bocadillo”.

Aos 42 anos este veciño das Somozas é pensionista, pero ten unha pensión “moi pequena, das non contributivas” e que por iso tratou de buscar axuda no concello nun primeiro momento.

“Dixéronme que non había nada”, relatou este veciño que sostén que se lle ocorrese o mesmo noutro municipio da zona “o resultado sería distinto”.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

Estas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

O Concello da Coruña presentou onte as propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos 2026, un...

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...