InicioCULTURADiego Veiga: "O Mareira Fest enche ese oco que quedou orfo coa...

Diego Veiga: “O Mareira Fest enche ese oco que quedou orfo coa desaparición dos centros sociais autoxestionados”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • As entradas están á venda por 30 € na plataforma entradium.com.

— — —

Este sábado 26 de abril, de 16:00h á madrugada, a música máis metaleira zumbará na Sala Pantalán (en Oza). O festival Mareira Fest, un evento 100% independente e autoxestionado promovido polo Colectivo Mareira (con Juan da Malte e Alberto Castaño á cabeza) e apoiado por Cervezas Alhambra, acolle a súa nova edición chea de Post-rock, post-metal, industrial o electrónica experimental.

As protagonistas serán bandas herculinas como Moura, Al final solo habrá cenizas, ademais de Arden Lux, Black & Blue, Black Pyramid, Death Whistle, Fouce, Lys Morke, Maquina, Santacreu, Unamoto e Viernes y Furia, que se amoldaron perfectamente ao obrigado cambio de ubicación provocado polo peche do Studio Follow, cando o ano pasado ademais foi na Fundación Luís Seoane.

Para ir quecendo motores, queremos falar cunha das facianas máis coñecidas do panorama musiqueiro da cidade, Diego Veiga. Guitarra, harmónica e unha das voces da banda Moura, cóntanos como ve o festi.

 

– Como é o estado de forma de Moura? Como chegades a este Mareira Fest?

Pois ben, con moitas gañas, porque estivemos o ano pasado algo parados, por varios motivos persoais, como que eu abrín un novo proxecto emrpesarial abrindo de novo o Ummaguma; Belém estaba con disco novo… e retomamos hai pouco. A semana pasada xa estivemos en Gernika, e temos moitas gañas de xogar na casa, e máis nun festi coma este organizado por dous amigos que poñen moita ilusión en todo oq que fan, estando nun evento rodeado de bandas moi guais, con moitos amigos… e nun festi cun cariz que se centra en propostas máis undergrounds, que é de onde vimos e onde mellor nos movemos.

– Ostras, e como vai o novo Ummagumma?

Pois moi contento. É outro Ummagumma, sen cociña, noutro barrio, outro concepto, pero que vai pouco a pouco. Estamos no mítico local da Gata, en Azcárraga, e xa sabes que na Coruña a novedade lévase moito, pero o importante é manterse. A intención é tirar máis polo día, pola veciñanza pero tamén pola idade, que un vai peiteando canas… jajja. Domingos de vermú hai, pero tamén pouco de nocturnidade, claro.

– Xa sobre o festi. Como valorades o traballo dos directores Juan da Malte e Alberto Castaño?

Juan é dos meus mellores amigos, e Alberto é outro gran amigo, pero que só hai que ver toda a actividade que desenvolven na cidade, Juan non só como hostalerio, senón en moitas outras cousas. Todo o que fan fano dende o amor, cariño, esforzo… coidando moito os detalles, e por iso cando nos chamaron non o dubidamos, aí sempre nos atoparán.

Nesta edición, creo que arriscaron máis coa programación, sempre arriscan, pero nesta hai distintas propostas, como a electronica de Whistel, ou os Maquina… hai cousas moi interesantes pero menos visibles. Outro pasiño máis para eles.

Juan da Malte e Alberto Castano co cartel do Mareira Fest 2025
Juan da Malte e Alberto Castano co cartel do Mareira Fest 2025

– Ides como banda pero tamén como público?

Isto é o mellor deste tipo de festivais, nas citas máis undergrounds sempre hai propostas que nos molan ou que non coñeces e descobres, e o mellor que nos pode pasar é poder disfrutalas en comunidade.

– Xa tocastes en 2018 e din por aí que foi un “bolazo”, non?

Pois foi na Sala Túnel, coa antiga formación de Moura, aínda sen Belem, aínda sen o primeiro disco editado, que saíu en 2020. Agora, con moitas gañas de repetir, de demostrar como evolucionou a nosa proposta tanto a nivel musical como artística.

– Que importancia ten este festival para o panorama máis metaleiro do país?

Dende que desapareceron a Casa Tomada, as Atochas, ese rollo máis autoxestionado da cidade, sen desestimar o traballo das salas que seguen ao é do cañón e outros centros autoxestionados coma Acéfala, Gomes Gaioso, A Revolteira que aínda resisten e programan a pesar da proliferación de megafestivais, o que chaman experiencias (lamentabla ver a maquillaxe do concepto cultura como ocio capitalista), o Mareira enche ese pequeno oco que quedou orfo coa desaparición de todo ese entramado. Desexar que “contra vento e mareira”, como din eles, sigan pelexando… É impagable o seu esforzo.

– Como credes que vai quedar o festi na nova ubicación na Sala Pantalán (o ano pasado foi na Fundación Luís Seoane?

Non dubido de que todo o que se está facendo para sacalo adiante, estamos a fuego co festival.  Cando alguén pon tanto amor, e esforzo, o nivel de implicación de todas as bandas para que todo saia ben vai estar aí. Co cambio de Sala, case que a 10 días vista.

– E que vos parece a creación do Fumega Fest de Betanzos?

Paréceme que canto máis propostas e festivais deste cariz máis underground, mellor, porque dá pé a descubrir novas bandas, a darlle visibillidade a espazos menos habituais. Creo que estes festivais autoxestionados, enchen eses ocos de bandas e sons que non teñen cabida noutros eventos, a pesar de que sempre hai público para elas, e que non teñen a visibilidade que se merecen.

Máis info e horarios

A edición máis ambiciosa do Mareira Fest celebrarase o 26 de abril na Sala Pantalán

O Fumega Festa lanza o seu cartel

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

"Hoxe vestimos de negro simbolizando a dor e o desamparo que sufrimos, pero seguiremos...

1 millón de euros para a Universidade Laboral como Centro de Excelencia de FP

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes de España vén de recoñecer o...

Grandes retencións na AP-9 a saída da Coruña tras tres accidentes con 13 vehículos implicados

Un total de 13 vehículos se viron afectados en tres sinistros de tráfico que tiveron lugar...

Arrincaron as obras de levantamento da duna de Riazor

Hoxe, luns 27 de outubro, comezazron os traballos para levantar na praia de Riazor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here