InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO'Os fogóns de Anllóns' e as 'Fragas do Eume' representarán á provincia...

‘Os fogóns de Anllóns’ e as ‘Fragas do Eume’ representarán á provincia en Fitur

Publicada o

Por europapress

Os plans de sustentabilidad turística en destino dos ‘Fogóns do Anllóns’ e das ‘Fragas do Eume’ serán os protagonistas dos actos institucionais que a Deputación da Coruña desenvolverá na feira de turismo Fitur.

O vicepresidente da institución provincial e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, encabezará a delegación da provincia, na que participarán representantes políticos dos concellos das comarcas de Bergantiños e de Eume, así como do tecido social, económico e deportivo.

Segundo Regueira, a decisión de difundir estes plans está enmarcada “nunha aposta política e nunha estratexia turística baseada no valor do propio e nas potencialidades do territorio“.

A primeira das citas será a presentación dos ‘Fogóns do Anllóns’, que terá lugar o mércores día 18, ás 12.30 horas. ‘As Fragas do Eume’ será protagonista o xoves, día 19, ás 18.00 horas.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...