InicioCULTURAFAIA presentará ‘Alvela’ este xoves, 22 de maio, no espazo Normal da...

FAIA presentará ‘Alvela’ este xoves, 22 de maio, no espazo Normal da Coruña

Publicada o

Por editor

FAIA presentará ao vivo Alvela, o seu novo disco, este xoves, 22 de maio na Coruña. A partir das 20.30 horas, na Sala Cubo de Normal, o público terá a oportunidade de descubrir un traballo complexo e sutil nun directo acústico no que FAIA estará acompañada pola arpista bretoa Bleuenn Le Friec. O concerto, con entrada libre ata completar capacidade, está organizado pola Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2025.

Alvela consta de dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer. FAIA revisita arrolos, romances e outras cantigas tradicionais acompañada unicamente por instrumentos de corda e gravacións de campo manipuladas, unha constrición creativa que lle confire a Alvela unha coherencia sónica e unha organicidade singular.

FAIA recala na Coruña logo de presentar Alvela en Santiago de Compostela e mais Lugo. O segundo álbum de FAIA é un traballo producido por Hevi (Malandrómeda, Fluzo) e que conta coas colaboracións de Bleuenn Le Friec, Antía Ameixeiras, Antía Muíño, De Vacas ou Suelen Estar Quartet. O concepto visual do álbum foi elaborado xunto con Melania Freire e as acuarelas e as animacións que acompañan as cancións son obra de Blanca Gracia. A poeta Antía Otero acompañou na conceptualización xeral e no seguimento do proceso do disco.

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

Patronal e sindicatos do metal da Coruña logran “algúns avances” na negociación do convenio

A patronal do sector do metal na provincia da Coruña e os sindicatos lograron...

A CIG convoca cinco días de folga en Repsol A Coruña contra os “recortes” de persoal

A sección sindical da CIG no complexo industrial de Repsol na Coruña convocou cinco...

Liberdade provisional para o mozo que deu a navalla ao asasino de Yoel Quispe

O maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña que presidiu o xuízo, con Tribunal do...

O home detido tras agredir á súa parella e tirarse pola xanela está con pronóstico reservado

O home detido pola Policía Nacional na Coruña por presuntamente agredir á súa parella...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here