InicioSUCESOSAcusados de narcotráfico na área da Coruña aceptan penas de cadea por...

Acusados de narcotráfico na área da Coruña aceptan penas de cadea por máis dun ano

Publicada o

Por monchomarino

Sete acusados de traficar con droga na área da Coruña aceptaron penas que van entre o ano e os dous meses e o ano e o nove meses, no xuízo celebrado na Audiencia Provincial coruñesa.

Foi tras un acordo entre os letrados e a Fiscalía e no que se aplicou a atenuante de dilacións indebidas, ao tratarse duns feitos que se remontan a 2016.

Inicialmente, estaban previstos tres días de xuízo pero finalmente ao aceptar as penas foron condenados xa con sentenza firme. A seis condénaselles a un ano e dous meses por non ter antecedentes previos e a un, por si constarlle, a un ano e nove meses.

Fiscalía imputaba nun prinicipio nove os acusados, aínda que finalmente sentaron sete no banco dos procesados. Dous deles eran matrimonio e algúns fillos destes.

Segundo o escrito fiscal, que recollía inicialmente penas de catro a seis anos de cárcere, durante 2016 e, como resultado dunha investigación con participación da Garda Civil de Cambre e de Arteixo, constatouse actividades relacionadas co tráfico de heroína e cocaína por parte dun grupo familiar.

Os mesmos tiñan pisos en Arteixo e asignadas distintas funcións, uns con labores de vixilancia e outros trasladando a droga a distintas localidades para o que recorrían ao uso de diversos vehículos.

ÚLTIMAS

O pleno de setembro volveu amosar a confrontación entre PSOE e BNG

Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de...

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Seguen en loita as familias do IES Menéndez Pidal de Zalaeta, vendo como o...

CCOO, CIG, UGT e USO boicotean a inauguración do Gadis de Monte Alto esixindo un desbloqueo ao convenio da alimentación

Inaugurábase esta mañá o Gadis de Monte Alto por todo o alto despois de...

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here