InicioMOV. SOCIAISPiden revisar os protocolos de emerxencia con animais tras morrer varios gatos...

Piden revisar os protocolos de emerxencia con animais tras morrer varios gatos atrapados nunha nave da Grela

Publicada o

Por editor

O Partido Animalista PACMA denunciou publicamente a “morte evitable” de polo menos dous gatos recén nados nunha nave industrial do polígono da Grela, onde quedaron atrapados a mediados do mes de maio, tras acceder a nai para parir. Apuntan que, a pesar das múltiples chamadas de petición de auxilio ao escoitar os maullidos dos animais, ningunha administración nin o corpo de bombeiros actuou.

A Policía Local da Coruña localizou a residencia do propietario da nave, en Betanzos, pero negouse a intervir ao tratarse dunha propiedade privada e non lograr establecer contacto con el. A Policía Local de Betanzos, pola súa banda, acudiu ao seu domicilio sen éxito. Nin os axentes nin os bombeiros accederon á nave nin se achegaron ao lugar, o cal derivou no falecemento de todos os animais que había no seu interior.

Finalmente, foi a propia coordinadora provincial de PACMA na Coruña, Manuela García, e varios particulares, quen logrou localizar ao propietario coa axuda de empregados dunha gasolineira próxima. Cando este accedeu á nave, varios días despois do peche, os animais xa faleceran cuns días de diferenza.

Desde PACMA cualifícase esta situación como un fallo nos protocolos de actuación en caso de emerxencia e unha mostra de como a protección animal segue sen ser prioridade para as administracións. “Nin sequera se valoraron alternativas de acceso nin houbo interese real en solucionar a situación a pesar da agonía. O que ocorreu é inadmisible, carente de ética e pedimos responsabilidades”, sostén a coordinadora.

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here