InicioA CORUÑAAtopan morta a unha veciña nunha vivenda de Cambre, aínda que non...

Atopan morta a unha veciña nunha vivenda de Cambre, aínda que non hai indicios de criminalidade

Publicada o

Por europapress

O cadáver dunha muller foi atopado no seu domicilio en Cambre, tras ser alertados os Efectivos de Emerxencias por un familiar que non lograba entrar no domicilio. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e do Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento da Coruña, sobre as 22,00 horas o 112 recibiu un aviso dun particular que alertaba de que estaba a chamar á vivenda da súa irmá, na rúa Curros Enríquez, pero que ela non respondía e el non conseguía entrar.

Desde Emerxencias mobilizouse aos bombeiros do parque de Arteixo para facilitar o acceso ao domicilio. Unha vez no interior, comprobouse que a inquilina estaba falecida. No operativo tamén participaron a Garda Civil e os servizos sanitarios. Fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press confirmaron que, a priori, a situación do cadáver non fai pensar en indicios de criminalidade, aínda que se confirmará definitivamente cando estean os resultados da autopsia.

ÚLTIMAS

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

O Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección da dirección en decembro

Esta pasada tarde de mércores 30 de setembro, coincidindo cos novos actos do festival...

Propoñen comezar a usar a Terceira Rolda para saír da cidade polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade acometerá cambios provisionais no tráfico na AC-11 pola...

“Fóra rendistas dos nosos barrios”. Convocada unha manifestación pola vivenda para este sábado

Continúan as mobilizacións, tamén na Coruña, para denunciar a grave situación que vive a...