InicioSUCESOSPosible novo caso de asasinato machista en Galicia: un home é detido...

Posible novo caso de asasinato machista en Galicia: un home é detido acusado de matar á súa muller no barrio da Sagrada Familia

Publicada o

Por europapress

Policía Nacional da Coruña detivo a un home como presunto autor de matar a unha muller nunha vivenda do barrio da Sagrada Familia. Segundo explicaron fontes coñecedoras do suceso, os feitos producíronse minutos antes das 07.00 horas deste domingo, na rúa de San Isidro, e o foi o 112 Galicia o que recibiu a chamada de alerta.

O home foi detido no domicilio onde se produciu o crime. Agora, a Policía Nacional investiga os feitos e a relación entre a vítima e o detido. Pola súa banda, a Delegación do Goberno contra a violencia de xénero informou, a través do seu perfil oficial da rede social ‘X’, que solicitan datos por este asasinato por presunta violencia de xénero.

INÉS REY EXPRESA A SÚA “MÁIS PROFUNDA CONSTERNACIÓN”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, expresou a súa “máis profunda consternación” e a súa “firme condena” ante o suposto crime de violencia machista ocorrido este domingo no barrio da Sacra Familia. Nunha mensaxe no seu perfil oficial da rede social ‘X’, a alcaldesa da cidade herculina mandou o seu apoio e agarimo para a familia da vítima. “O machismo mata. Erradicalo é unha responsabilidade colectiva”, remarcou. Así mesmo, a alcaldesa convocou á cidadanía este luns ás 20.00 horas na Praza de María Pita a unha concentración en “repulsa” do sucedido.

ÚLTIMAS

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

A ANPA do CEIP Cidade Vella pide medidas de urxencia tras un suceso que “rozou a traxedia”

Continúan os problemas nos centros de ensino polo estado das infraestruturas. Aos problemas no...

Atopan o cadáver dun home desaparecido este domingo en Oleiros

O 112 informou do achado do cadáver dun home desaparecido este domingo no municipio...