InicioA CORUÑAUn mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás 49 bases activas coas que conta actualmente, pronto se sumarán outras 13 (algunha con enerxía solar) nos barrios do Castrillón, Novo Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Pedralonga, Palavea, os Rosales, Lonzas, os parques de Bens e Vioño e o Barrio das Flores.

O Concello quere celebrar o 3º aniversario da primeira renovación do servizo, realizada en 2022, e que permitiu triplicar o número de ciclousuarios na cidade, ata os 15.000 actuais. O servizo suma 160.000 viaxes mensuais e bateu o récord de usos nunha mesma xornada, con máis de 7.000 nun día.

Evolucion Cilousuarios Coruna 2010-2025
Evolución Ciclousuarios na Coruña

Un dos grandes fitos dos que pode presumir o goberno socialista actual é do ampliación da rede ciclable da cidade, que supera xa os 56 quilómetros, máis do dobre da que había no ano 2019, cando había 23. Unha rede que permite que cada vez haia máis xente que se atreva a deixar o coche na casa e usar a bici como medio de transporte urbano, non só a través das bicis municipais, senón tamén a través das bicis propias.

Mapa Coruña Minuto

E para seguir fomentando o uso, o concello vén de ofrecer unha ferramenta para coñecer os itinerarios e os tempos. O mapa Coruña Minuto, coma se fose o mapa do metro da cidade, amosa moitos dos trazados e das rúas peonís da cidade, como a famosa Rolda Peonil entre o Parque do Observatorio e o Parque de San Diego, ideais para bicis ou patinentes.

Mapa Coruna Minuto Coruna

ÚLTIMAS

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

(VÍDEO) Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas “desproporcionadas” cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

Mentres o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios...

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de...

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here