InicioCULLEREDOA veciñanza de Celas pregunta pola súa senda peonil

A veciñanza de Celas pregunta pola súa senda peonil

Publicada o

Por editor

Despois das 400 sinaturas presentadas pola veciñanza de Celas en Culleredo, para pedir melloras na mobilidade peonil dentro da parroquia, a situación segue sen resolverse.

A pesar de ter lido na prensa que existe un acordo da AXI para e elaboración dun proxecto no ano 2026, a veciñanza segue sen saber a verdade da mesma, pois non ten resposta oficial ao seu comunicado presentado por Rexistro e á atención da AXI. “Neste sentido, non temos información formal nin coñecemento deste acordo de elaborar un proxecto no 2026. Gustaríamos que a AXI se puxese en contacto con nós para indicarnos formalmente o estado da nosa petición”, sinala a veviña Xiana Vázquez.

Queren amosar ademais as súas dúbidas, pois a información que a Xunta filtrou á certos medios, indica que “se executarán beirarrúas nos núcleos de poboación”. “Os/as veciños/as estamos decepcionados/as con este apunte, xa que a nosa solicitude era de beirarrúas en toda a estrada para poder chegar a pé e con seguridade dende Valiñas (Sueiro) ata Peiro de Arriba (Celas). Entendemos que, executar beirarrúas unicamente nos núcleos, deixará fóra moitas vivendas e, con elas, a moitos/as veciños/as, xa que se trata de núcleos rurais con moitas vivendas afastadas. Despois de tanta agarda paciente pola nosa parte, os/as veciños/as queremos pedir que este elemento básico de seguridade cumpra ca necesidade urxente de desprazarse a pé sen risco, tanto á escola, coma ó parque, coma á casa do/a veciño/a. Este proxecto de parches non vai mellorar a mobilidade dos/as veciños/as, polo que nos parece insuficiente” entenden.

Critican tamén a falta de premura para o que consideran un proxecto urxente “para algo tan básico, tan necesario e que aporta tanta seguridade para nós. Queremos coñecer os prazos reais de execución e poder ter certeza, información formal e uns prazos polos que agardar ansiosos/as”.

A veciñanza de Celas esixe unha simple beirarrúa para poder saír andando das casas

 

ÚLTIMAS

Xulgan na Coruña unha rede de narcotráfico a gran escala tras a suspensión da vista en 2025

A Audiencia Provincial da Coruña acollerá a próxima semana o xuízo contra sete persoas...

As escolas unitarias morren ou mátanas?

Horarios limitados, sen servizos que faciliten a conciliación e esquecidas pola administración, cada vez...

Padre Rubinos, Aspronaga, AECC, Fundación Hospitalarias, POIG e Fundación Érguete, recoñecidas nos Premios Sociais da Deputación

A Deputación da Coruña entregou esta tarde a quinta edición dos Premios ás Boas...

O conto do rei nu

Este ano foi a primeira vez que participei como nominado na vixésimo cuarta cerimonia...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here