InicioSOCIEDADEParticipación "masiva", segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Publicada o

Por europapress

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma “masiva” nos paros parciais convocados por UXT, desde as 12.00 horas deste martes, contra os “recortes” que realiza a empresa fornecedora do servizo (SPS).

Os empregados están “a responder” ante esta protesta a pesar duns servizos mínimos que puxo a Xunta que “impiden o exercicio do dereito a folga” na última quenda, de 19.00 a 22.00 horas da tarde, porque “se inventa” unha quenda a maiores e permite que a dotación de persoal estea “ao cento por cento”.

Ademais, o comité denuncia que o encargado da cociña, durante a primeira quenda da folga –de 12.00 a 13.00 horas–, acompañou nos labores de emplatado á traballadora que había estipulada por servizos mínimos, a pesar de que “normalmente non fai esas tarefas”. Isto fixo que tamén esa quenda funcionase “ao cento por cento”.

Os sindicatos xa avanzan que denunciarán estes feitos, tanto os servizos mínimos “abusivos” como a “sabotaxe” da propia folga por parte da empresa.

En calquera caso, ven “masiva” a participación nestes paros parciais –que continuarán este mércores– e a unha concentración á que acudiu “mesmo xente que non estaba de quenda”.

As protestas débense a modificacións “de maneira recorrente” nas quendas de traballo anuais, “sen previo aviso nin acordo cos traballadores”; “sobrecarga nos labores” pola non cobertura de baixas laborais nin vacacións; así como alteracións nos tempos de descanso coas consecuentes “dificultades para conciliar a vida laboral, persoal e familiar”.

ÚLTIMAS

A Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

Boas novas para a cidade da Coruña. A Audiencia Provincial vén de anular o...

A patronal do metal incide na necesidade de avanzar na negociación

A patronal do metal na Coruña apelou a avanzar na negociación tras unha nova...

Martinete ponse, por fin, de festas 

Tras a demolición do edificio abandonado que tanto tempo definiu o barrio, Martinete entra...

Só as persoas abonadas do Real Club Deportivo decidirán sobre a normalización do topónimo

Parecía que había consenso social (máis alá da saída de ton do desafiuzado Paco...