InicioCULTURAXa'lum desafía o prohibido e marida a tradición galega co seu francés...

Xa’lum desafía o prohibido e marida a tradición galega co seu francés de orixe

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“L’interdit” é o novo sinxelo de Xa’lum. Despois de Beiriña, a artista herculino/francesa saca presenta o seu novo e conmovedor single, que significa “o prohibido”, e fai referencia ao nacemento da súa nai en Francia, nun tempo no que os seus avós, empregados como serventes nunha casa francesa, tiñan prohibido ter fillos.

A nai da artista tivo que ser enviada a España sendo aínda un bebé e, anos máis tarde, a súa filla, a artista XA’LUM, conquista a escena musical francesa con este novo sinxelo e numerosos concertos por todo o territorio francés.

Este é o seu primeiro sinxelo cantado en francés, conectando así coas súas orixes. Enchido de alalás electrónicos e de percusións tradicionais galegas, a artista relata a historia da súa familia no exilio en Francia durante o franquismo.

O ritmo da canción lévanos de forma directa e dramática ao corazón desta historia, facéndonos sentir cada momento grazas á forza e intensidade que imprime Xa´Lum a cada nota e a cada verso de “L’interdit”.

O sinxelo é unha mestura da música que conforma a identidade cultural da artista, coas influencias rítmicas e vocais galegas, e o deseño sonoro e os elementos electrónicos típicos da escena musical francesa.

Producido polo produtor italiano Gabriele Busu (oblyo.wav) e gravado nos estudios parisienses Sodasound, trátase dun proxecto financiado pola escola francesa IESA. Un sinxelo que toma o relevo de “A Flor da Auga” e que posiciona a Xa´Lum como unha das artistas con maior proxección dentro do panorama musical europeo.
Con pinceladas de neo-psicodelia e alt-R&B, a música de XA’LUM xorde do máis profundo da natureza, transformando todo aquilo que foi silenciado. Os seus traballos musicais, cheos de alegorías da mitoloxía galega —moi vencellada á natureza—, dan vida e voz a todo o que non queremos que exista. A miúdo é comparada con artistas de renome como FKA Twigs, Sevdaliza ou James Blake. En directo, fusiona o son de instrumentos rítmicos tradicionais galegos como vieiras e pandeiretas con loops vocais e sintetizadores electrónicos.

A artista coruñesa XA’LUM lanza Beiriña, o seu novo sinxelo

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here