InicioCULTURAA Coruña ponse de cine: Do Festival Lóstrego a un “cancelado” Intersección

A Coruña ponse de cine: Do Festival Lóstrego a un “cancelado” Intersección

Publicada o

Por editor

Ponse de cine estes días a Coruña con dous festivais moi singulares. Por unha banda está en marcha o Festival Lóstrego no Forum Metropolitano, mentres a cidade xa pon o foco no Festival INTERSECCIÓN, que recuperará a finais de mes na Coruña o proxecto cancelado de Travis & Erin Wilkerson para a Bienal de Venecia.

Festival Lóstrego

O Fórum Metropolitano acolleu onte o acto inaugural da primeira edición do Festival Lóstrego, cunha programación centrada no cinema fantástico e de terror. O Festival Lóstrego nace co obxectivo de consolidarse como unha cita de referencia para o audiovisual galego e para as persoas afeccionadas ao chamado fantaterror. A súa programación combina a exhibición de curtametraxes galegas, nacionais e internacionais con longametraxes como Malencolía, Jacinto, Sen alma, La noche de los muertos vivientes,
Mirai, a miña irmá pequena ou Totoro. A Sección Oficial de Curtametraxes desenvólvese en catro sesións, unha cada tarde entre o 3 e o 6 de setembro.

O evento conta co apoio do Concello da Coruña, do Fórum Metropolitano, da organización ALAS A Coruña, da produtora Fonofox e da entidade Kinemaland: A Terra do Cinema. Toda a información sobre o certame pode consultarse na súa páxina web www.lostregofestival.com e nas redes sociais oficiais do festival.

INTERSECCIÓN

#INTERSECCION2025 - Creative Agitation
Creative Agitation

A oitava edición de INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine de A Coruña terá lugar entre o 26 de setembro e o 4 de outubro. A cita acollerá a retrospectiva máis completa de Travis & Erin Wilkerson, sendo o primeiro lugar do mundo no que se poderá descubrir a exposición expandida de Nuclear Family: Fieldwork, unha proposta inicialmente ideada para a Bienal de Venecia 2020 —suspendida pola pandemia— e que se presentará agora na Coruña.Na retrospectiva tamén poderemos ver películas toda a filmografía de Travis & Erin Wilkerson con títulos como An injury to one, Machine Gun For Typewriter, Los Angeles Red Squad, Did You Wonder Who Fired The Gun? ou Nuclear Family. Ademais, durante o festival, impartirán unha Masterclass.

Grazas a INTERSECCIÓN e á colaboración da Filmoteca de Galicia, a cidade da Coruña ofrecerá ao seu público unha oportunidade única de coñecer a irreverente obra completa destes autores. Ao longo de máis de dúas décadas, Travis Wilkerson converteu o cinema nun espazo de interrogación da memoria histórica, da violencia estrutural e das loitas sociais nos Estados Unidos.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here