InicioCULTURACapercaillie celebra os seus 40 anos cun concerto no "Folk no Colón"

Capercaillie celebra os seus 40 anos cun concerto no “Folk no Colón”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tralo comezo en maio cos concertos de Treixadura e Abraham Cupeiro, retómase o ciclo “Folk no Colón”. Faino o vindeiro mércores 10 de setembro, ás 20.30 horas, co concerto de Capercaillie, unha das bandas máis recoñecidas da música celta a nivel internacional.

A formación escocesa chega por vez primeira a Galicia para celebrar os seus 40 anos de traxectoria, cun espectáculo que combina os temas máis emblemáticos da súa carreira coas novas versións sinfónicas incluídas no seu último traballo, ReLoved, gravado coa BBC Scottish Symphony Orchestra. A actuación promete unha noite única de melodías hipnóticas, ritmos tradicionais e unha posta en escena marcada pola forza e a elegancia da súa vocalista, Karen Matheson, descrita por Sean Connery como “unha gorxa tocada por Deus”.

Desde a súa orixe nas Highlands de Escocia, Capercaillie foi pioneira na internacionalización da música tradicional gaélica.

O festival continuará ao longo do outono con nomes destacados:

● 11 de outubro | Milladoiro
● 9 de novembro | Tiruleque
● 21 de novembro | Felisa Segade
● 20 de decembro | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
● 26 de decembro | Carlos Núñez

As entradas para o concerto de Capercaillie están dispoñibles na plataforma Ataquilla.com.

ÚLTIMAS

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da...

Os médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as negociacións coa Xunta

O sindicato O'Mega mantén o calendario de folga e de mobilizacións para conseguir un...

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here