InicioA CORUÑAInvestigan a dúas persoas por roubar 12 nasas de pesca no peirao...

Investigan a dúas persoas por roubar 12 nasas de pesca no peirao de Oza

Publicada o

Por europapress

O Destacamento Fiscal e Fronteiras da Garda Civil do Porto da Coruña investiga a dúas persoas acusadas de roubar 12 nasas de pesca no peirao de Oza, situado no recito do porto.

Segundo informou o Instituto Armado nunha nota de prensa, o afectado presentou denuncia o pasado 4 de setembro comunicando que lle subtraeron 12 nasas de pesca.

Por mor da denuncia, os axentes iniciaron unha investigación para tratar de constatar a veracidade dos feitos, recuperar os efectos subtraídos e identificar os autores.

Así, a Garda Civil logrou determinar a presunta autoría dos feitos e localizou tanto aos responsables como os obxectos roubados. Deste xeito, procedeuse á investigación destas dúas persoas como presuntos autores dun delito de furto e á incautación dos efectos atopados, que foron restituídos ao seu lexítimo propietario.

ÚLTIMAS

“Que pasa, que pasa? Que non teño casa!”

Centos de persoas percorreron esta mañá de sábado 6 de xuño as principais arterias...

A Xunta estuda encapsular os murais de Lugrís mentres non se desbloquea a rehabilitación do inmoble da rúa Olmos

A apenas 2 días da manifestación ”A Coruña pola beleza. Deixade pasar as ondas...

Máis dunha decena de asociacións veciñais integran a nova Xunta Directiva da FAVA

Este pasado venres, no local da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e...

O Festival Mar de Mares enche de natureza a fin de semana

Xa está en marcha o fermoso Festival Mar de Mares. Nesta XIII edición, o...