InicioBARRIOSA ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do...

A ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do profesorado de apoio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este comezo de curso ten. sen dúbida, un demonimador común nos recortes: os apoios ao alumnado con necesidades educativas especiais. A Xunta está realizando recortes en centros de ensino público de toda Galicia, e as familias están véndose obrigadas a mobilizarse como vemos os casos do colexio e o Instituto de Cee.

Na Coruña, ademais das problemáticas cos CEIP María Barbeiro e CEIP Alvorada, tamén o CEIP Concepción Arenal están tendo problemas. Dos 400 alumnas e alumnos con praza, 20 son NEE (crianzas con necesidades educativas especiais) e 60, NEAE (nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo).

A pesar destas cifras, o centro dispón neste momento dunha profesional orientadora, dous AL (mestres de audición e linguaxe), dous PT (mestres de pedagoxía terapéutica) e dúas coidadoras. Os dous AL son á vez o director do CEIP unha profesora de apoio, polo que son absolutamente insuficientes, incluso menos que o ano pasado.

Ante esta situación dende as familias da ANPA están mobilizándose para conseguir máis auxiliares, e unha das accións foi reunirse co grupo municipal do BNG. “Solidarizámonos coa indignación das nais e dos pais e levaremos este asunto ao Parlamento galego, esixindo unha rectificación á Xunta. Non pode ser que a Consellaría de Educación sexa un problema para o dereito de todas as crianzas a unha educación de calidade. Os recortes non garanten o dereito á educación desde a igualdade e equidade, sobre todo para nenos e nenas que ou teñen algún tipo de dificultades para aprender ou mesmo presentan discapacidade que require dun tratamento pedagóxico continuado”, afirma Mercedes Queixas.

O BNG vén de rexistrar varias iniciativas ao respecto, unha proposición non de lei e preguntas, orais e escritas, ao Goberno galego: “O Parlamento insta a Xunta a dotar o CEIP Concepción Arenal da Coruña do profesorado necesario que se está a demandar no presente curso escolar para atender o alumnado con NEE e NEAE e garantir o dereito á educación en equidade e igualdade”.

Máis novas dos recortes

A Consellería négase a desdobrar dúas aulas masificadas nos CEIP María Barbeito e Cerviño e CEIP Alborada

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here