InicioBARRIOSAdxudicadas as obras do novo Santa Lucía: As obras comezarán antes de...

Adxudicadas as obras do novo Santa Lucía: As obras comezarán antes de que finalice o ano

Publicada o

Por editor

Despois de case 3 anos dende o anuncio da remodelación e máis dunha década de abandono, a Xunta de Goberno Local vén de anunciar a adxudicación das obras para rehabilitar o antigo mercado de Santa Lucía. Obra que asumirá a Constructora San José co obxectivo de remodelar o edificio para que acolla o novo centro de saúde da Falperra e tamén espazos de usos múltiples, como un centro cívico.

Os traballos, que arrincarán antes de finais de ano, terán un prazo de execución de 15 meses. Cómpre lembrar que, cando as obras saíron a concurso, estipulouse un prazo de
18. Neste sentido, un dos aspectos que máis valorou a Mesa de Contratación é que a adxudicataria se comprometeu a reducir o prazo final de execución en tres meses. Ademais, tamén se tivo en conta o prazo de garantía das obras. A oferta presentada por San José increméntaa en dous anos por riba do mínimo establecidos nos pregos, “o que nos dará máis seguridade en termos de hipotéticas incidencias”, indicou Rey.

O investimento final será de 9,6 millóns de euros, cofinanciados con fondos PIREP captados polo Concello e, ademais, tamén co apoio económico da Xunta, á que a rexedora lle agradeceu “a colaboración e boa predisposición amosadas para sentarmos na mesma mesa e que, desta forma, poidamos dar resposta a unha das principais demandas do barrio da Falperra xa desde hai máis dunha década”.

Máis novas do proxecto

As obras do Centro de Santa Lucía comezarán antes de que remate 2025

Aprobado o convenio de financiamento entre Xunta e Concello para licitar o centro de saúde e centro cívico de Santa Lucía

Olladas doutro tempo: Santa Lucía

ÚLTIMAS

Félix Arias lanza un novo disco “feito na casa”: “Entre as urxencias, fixen o importante”

Este venres 9 de xaneiro volve subir ao escenario da Mardi Gras un mítico...

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro ao oeste da Coruña con ondas de ata seis metros

A Xunta de Galicia ampliou para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro...

Cinco colectores incendiados esta madrugada “ao mesmo tempo” nos Rosales

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervir nas últimas horas para apagar cinco colectores...

A alcaldesa da Coruña tras os casos de acoso: “O PSOE defende o feminismo”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, asistirá este sábado ao Comité Nacional...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here