InicioMOV. SOCIAISSan Amaro recibiu os restos de Francisco Miguel, outra vítima do franquismo

San Amaro recibiu os restos de Francisco Miguel, outra vítima do franquismo

Publicada o

Por editor

Foi en 2023 cando unha exhumación no cemiterio de Bértoa (Caraballo) destapaba os corpos de varias vítimas do Franquismo. Xa en abril deste ano o Concello e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica rendían homenaxe no Pazo de María Pita, e a comezos de mes abríase unha exposición coa obra dun deses 3 asasinados en Oleiros a mans das forzas fascistas no ano 1936: Francisco Miguel.

Esta mañá completouse a homenaxe ao pintor herculino levando os seus restos ao cemiterio de San Amaro.
Antes, o salón de sesións do Palacio Municipal de María Pita acolleu un acto institucional, no que se lle rendiu homenaxe ao artista no salón de plenos coa presenza de membros do Goberno municipal, corporación municipal e personalidades do mundo da cultura e da recuperación da memoria histórica.

ACTO_FUNEBRE_FRANCISCO_MIGUEL_PAZO_MUNICIPAL

Posteriormente, celebrouse unha cerimonia fúnebre no cemiterio municipal de San Amaro, onde os restos mortais do artista coruñés descansan desde este luns.

ACTO_FUNEBRE_FRANCISCO_MIGUEL_SAN_AMARO_013
A alcaldesa da Coruña Inés Rey e o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, durante a homenaxe

Este homenaxe enmárcase dentro das actividades xa iniciadas coa inauguración, a comezos de mes, da exposición dos debuxos do artista na Casa Museo Casares Quiroga. Conta coa colaboración da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), así como doutras asociacións e entidades da cidade, do grupo de investigación sobre a súa vida e obra, da escritora Syra Alonso e da Deputación da Coruña, que promove tamén charlas arredor da figura de Francisco Miguel e de Syra Alonso.

Francisco Miguel naceu na Coruña en 1897. Foi pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro, cunha traxectoria vencellada á vida cultural da cidade e aos movementos artísticos europeos e americanos. Entre 1921 e 1933 residiu en París, Cuba e México, onde mantivo relación con figuras como Diego Rivera, Frida Kahlo e David Alfaro Siqueiros. De regreso a Galicia, asentouse en Oleiros, onde foi detido e asasinado o 29 de setembro de 1936 en Queo de Arriba (Carballo).

A cerimonia celebrada en San Amaro contou coa participación da Banda Municipal de Música da Coruña, que interpretou obras de compositores galegos como Marcial del Adalid, Juan Montes, Andrés Gaos e Chané, así como unha peza de Edward Elgar. Tamén tivo lugar unha ofrenda simbólica de cunchas de viraventos. A homenaxe contou coa presenza de familiares do artista, desprazados desde México para recibir os seus restos.

O martes, en Oleiros

 Este mesmo martes, ás 19:30 h, en Santa Cruz, no Auditorio das Torres, e organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en homenaxe ao pintor Francisco Miguel, está prevista a intervención de:

  • Jorge Calle (investigador).
  • David Lozano(investigador).
  • Regina de Miguel Gila (bisneta de Francisco de Miguel)
  • Carmen Rodeja, da ARMH.
  • Soledad Agra, deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación de A Coruña
  • Ángel García Seoane, alcalde.

Máis novas

O Concello da Coruña acolle a entrega ás súas familias dos restos de tres vítimas do franquismo en 1936

ÚLTIMAS

Colocada a cúpula do multiusos de Bastiagueiro tras unha espectacular operación cunha grúa especial

Tremenda a atención mediática que conlevou a instalación da cúpula do novo edificio público...

O Concello da Coruña reclama á Xunta un Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual e a Xunta analiza abrir máis...

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou á Xunta un Centro de Crise 24...

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Levamos estas semanas falando dos cimentos da nosa sociedade, desas infraestruturas máis básicas do...

Rueda pide “seriedade” e “coherencia” á alcadesa da Coruña sobre a Facultade de Medicina

Continúa a ida e volta arredor da descentralización da carreira de Medicina. Hoxe a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here