InicioCULTURAA Coruña lembra a memoria do pintor Francisco Miguel cunha exposición

A Coruña lembra a memoria do pintor Francisco Miguel cunha exposición

Publicada o

Por editor

Acollía onte a Casa-Museo Casares Quiroga a inauguración da exposición “Francisco Miguel Fernández Díaz. 1897–1936”, unha homenaxe a un dos grandes referentes culturais e intelectuais da cidade, brutalmente silenciado tras o seu asasinato polo fascismo.

A exposición marca o inicio dun ciclo de homenaxes que terá continuidade co enterro solemne de Francisco Miguel no cemiterio de San Amaro, tras a recuperación dos seus restos, e enmárcase nunha estratexia municipal máis ampla de recoñecemento das vítimas da represión e de apoio aos proxectos culturais que poñen en valor a identidade coruñesa.

Comisariada polo historiador Felipe Senén, a exposición ofrece un percorrido vital e artístico pola figura de Francisco Miguel, desde os seus inicios na Coruña ata o seu exilio, viaxeiro entre París, A Habana e México, tivo relación con personalidades como Diego Rivera, Siqueiros ou Frida Kahlo, sen esquecer o vínculo permanente coa súa cidade natal.

Senén apelou a “restaurar a memoria de Francisco Miguel, así de sinxelo, retirando o velo que oculta a historia de homes e mulleres que puxeron aura de dignidade a unha terra”

A mostra poderá visitarse no Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12) durante as vindeiras semanas.

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here