InicioA CORUÑAPersoal das escolas deportivas municipais comezan as súas mobilizacións por unhas condicións...

Persoal das escolas deportivas municipais comezan as súas mobilizacións por unhas condicións dignas e un servizo de calidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Aí están durante o curso como monitores das múltiples actividades deportivas municipais que ofrece o Concello e que usamos preto dun milleiro de veciños e veciñas da cidade. Empalman tamén cos campamentos de verán que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, coidando das nosas crianzas co mellor dos sorrisos e permitindo unha complicada conciliación familiar e laboral.

E todo, traballando nunhas condicións moi mellorables (algúns contratos rozando o Salario mínimo interprofesional SMI, e con moitas diferenzas entre o persoal da mesma categoría), a través dunha empresa Serviplus SL, adxudicataria dunha concesión que remata no mes de novembro. Son máis de 40 persoas as afectadas, das que o 40% ten contrato a tempo parcial.

Ningunha negociación

Despois de aguantar durante anos con esta precariedade laboral, a incerteza xa superou a paciencia do colectivo, xa que a pesar das reiteradas peticións por parte da representación social para sentar negociar, a día de hoxe “seguimos esperando unha contestación a nosa táboa reivindicativa e ás demandas para a mellora do servizo, o que provoca incerteza e intranquilidade no colectivo”.

Ante esta situación de inacción por parte do goberno municipal (nada se sabe dos novos plegos e da nova adxudicación), esta mañá de xoves, persoal das escolas deportivas municipais da Coruña -acompañado por usuarios e usuarias- concentrouse este xoves diante das instalacións deportivas de Riazor en demanda dunhas condicións de traballo dignas, pola mellora do servizo que se presta e a elaboración xa dos novos pregos.

Máis mobilizacións

O  persoal continuará coas mobilizacións o próximo 23 de outubro cunha concentración ás 13:00 horas, diante do Pazo de María Pita. Ademais, os traballadores e traballadoras están realizando un labor de concienciación e recollida de apoios entre as persoas usuarias e non descartan ir á folga se o Concello segue sen escoitar as súas xustas demandas.

 

 

ÚLTIMAS

Izan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da area de Riazor

Tivo lugar este sábado unha limpeza simultánea en areais de toda Galicia. Unha xornada...

Dous exalcaldes do PP de Miño, a xuízo por prorrogar contratos a pesar de informes negativos do interventor

A Audiencia Provincial da Coruña acolle a próxima semana o xuízo contra os exalcaldes...

A Xunta activa para este luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

A Xunta activou para este luns, 12 de xaneiro, a alerta laranxa por temporal...

Detido un home nas Paxareiras por quebrantar unha orde de afastamento e desobedecer á autoridade

A Policía Nacional da Coruña detivo esta pasada madrugada do sábado ao domingo a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here