InicioBARRIOSPucho Boedo cobra vida nun Ventorrillo en festas

Pucho Boedo cobra vida nun Ventorrillo en festas

Publicada o

Por editor

Xa están en Festas no Barrio do Ventorrillo, e para celebralo, que mellor que con Pucho Boedo (1932–1986). Imaxinan estes días as mulleres do lugar que subira ao palco este cantante referente da canción galega de mediados do século pasado. Polo menos poderán velo cando paseen pola zona.

O mural representa a un Pucho Boedo (veciño da zona) nunha das súas poses características, agarrando o micrófono coa man dereita. Ademais, ten referencias ás dúas formacións máis importantes da súa traxectoria artística: Los Tamara e Los Satélites. A obra conta con outros detalles vinculados co seu barrio, O Ventorrillo, e a cidade.

O autor é Brais Rodríguez Trillo (coñecido como Primo Rodríguez), tamén veciño do Ventorrillo, e recoñecido artista ilustrador e grafitero que intervén espazos comúns e colabora en numerosos proxectos para a recuperación da contorna do seu barrio.

O programa das festas

Durante as catro xornadas non faltarán diversas actuacións musicais de orquestras e de formacións, agrupadas no ciclo Son do Vento. Ademais, haberá actividades culturais e divulgativas para todas as idades, como un concurso de karaoke o unha exhibición de sevillanas.

Festas do Ventorrillo 2025 2

ÚLTIMAS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here