Visita institucional esta mañá para ver como avanzan os traballos da nova zona de deportes de praia de San Pedro de Visma,
situada no parque Adolfo Suárez. A actuación atópase na súa fase final e conta cun investimento municipal de case 120.000 euros para a adecuación deste espazo á práctica de diferentes disciplinas deportivas.
Durante a visita, a rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, así como por Ramiro Amarelle, referente internacional do fútbol praia, e representantes da Federación Galega de Voleibold e clubs da cidade como Balonmán Línea
21, Coruña Beach e CV Coruña.
A zona contará cunha superficie de xogo de aproximadamente 1.200 metros cadrados, cunhas dimensións de 40 por 30 metros, e estará preparada para acoller catro modalidades: fútbol praia, voleibol praia, balonmán praia e tenis praia.
A pista contará con catro báculos de iluminación LED de oito metros de altura, que permitirán utilizar a instalación nas franxas horarias con menor luz natural.
Para darlle visibilidade o Concello baralla organizar un torneo benéfico de voleibol praia, así como a organización de actividades de fútbol praia e balonmán praia.
Máis novas
En marcha a creación dunha zona de deportes de praia de San Pedro de Visma
Aprobada a primeira licenza do “delirio urbanístico” de Visma

