Os negocios participantes na Praza de Nadal de María Pita visitaron este martes os postos gastronómicos do recinto, acompañados pola alcaldesa herculina, Inés Rey, para coñecer as instalacións e avanzar nos preparativos da súa actividade durante as festas.
Segundo informa o consistorio, durante o percorrido os comerciantes puideron comprobar a distribución dos espazos e avaliar as necesidades específicas de cada establecemento. “Queremos que os establecementos participantes dispoñan de instalacións adaptadas ás súas necesidades e que poidan preparar con antelación a súa actividade”, sinalou a rexedora.
Segundo se lles trasladou aos hostaleiros, deberán remitir nos próximos días a relación de aparellos eléctricos que empregarán. Trece establecementos participarán no espazo gastronómico.

