InicioCULTURASabela adica o seu novo traballo a Maruja Mallo

Sabela adica o seu novo traballo a Maruja Mallo

Publicada o

Por editor

Novo traballo vén de presentar Sabela. A artista, natural de Viveiro pero herculina de adopción acaba de publicar o último adianto do seu novo traballo discográfico, A quen ignora.  Este novo sinxelo vén inspirado na figura de Maruja Mallo, unha das pintoras surrealistas máis importantes da historia do arte a nivel estatal.

Cun son moito máis ecléctico dentro do seu xa característico pop electrónico, A quen ignora racha coa estrutura clásica do pop e xoga cos sons para que sexan máis duros. Durante a canción pódese escoitar a voz de Maruja Mallo que, de maneira inspiradora, fala desa cantidade de arte que se crea e que se dilúe co tempo. Con esa frase “40.000 pintores en París, 40.000 que ya no existen”, trae a unha reflexión moi actual sobre a velocidade e cantidade de creación hoxe en día, que axuda a pensar en non perder a perspectiva e valorar o arte que facemos.

MÁIS SOBRE SABELA

Sabela Ramil é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela converteuse xa no gran alicerce deste xénero en Galicia. As súas cancións acumulan centos de miles de reproducións, conquistando con grandes xiras en directo importantes salas ao longo de España e de Galicia, así como festivais da talla de O Son do Camiño, BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas, Festival do Pasatempo ou Festival Noroeste. Con todo isto, durante as próximas semanas Sabela presentará o seu novo EP, no que Hi, My Love e Eu Espero Aquí, publicados a finais de 2024, e Camponarai, Cerca de ti e A quen ignora, publicados recentemente, son xa os seus primeiros sinxelos.

A artista galega soubo madurar o seu proxecto para levalo a unha nova etapa da súa carreira, e a pesar de contar cun estilo xa propio e identificable, aposta forte por un son máis internacional mantendo elementos tradicionais galegos, fortalecendo así as súas raíces. A quen ignora, último sinxelo de Sabela, precede a temas como Hi, My Love, Eu Espero Aquí, Camponarai e Cerca de ti, que veñen de obter grandes números de escoitas e visualizacións, así como recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie, e nominacións a prestixiosos galardóns como os Premios de la Academia de la Música, Premios Mestre Mateo, Festival de Cans ou Festival de Videoclips de Oviedo.

Máis novas de música galega

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

Xa dispoñible a pandereita virtual Carmucha VST

De Ninghures e Ortiga únense por RosaLinda

Mondra levou de Ronda á mocidade herculina para Quererse ben

ÚLTIMAS

Este mércores 15 de outubro, o día da folga xeral de 24 horas por Palestina

Son varios os sindicatos e movementos sociais, entre eles a CGT, a que convocan...

As obras dos Cantóns reinícianse este luns no Cantón Grande

A remodelación dos Cantóns, na Coruña, iniciará unha nova fase de obras a partir...

Un home e unha muller reciben asistencia médica en Oleiros tras un incendio nun cadro de contadores

Un home e unha muller tiveron que recibir asistencia médica no municipio coruñés de...

Pucho Boedo cobra vida nun Ventorrillo en festas

Xa están en Festas no Barrio do Ventorrillo, e para celebralo, que mellor que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here