InicioCULTURASés quece o lanzamento do seu novo e honesto disco co sinxelo...

Sés quece o lanzamento do seu novo e honesto disco co sinxelo que lle dá nome: “Nadando na incerteza”

Publicada o

Por editor

Xa se pode escoitar o primeiro sinxelo do nodo disco de Sés,”Nadando na incerteza”. Esta canción, que dá título ao álbum, condensa o espírito do disco: unha proposta sincera, sen artificios, que aposta pola honestidade artística e a forza da palabra.

A herculina, criada no barrio de Elviña pero con raíces bergantiñáns, anuncia un momento decisivo na súa consolidada traxectoria coa presentación simultánea de dous traballos que marcan unha nova etapa na súa carreira: o libro disco “Nadando na incerteza”, que verá a luz o 28 de novembro, e o letrario “Mentres quede corazón” que recolle toda a obra lírica dunha década e media de creación musical.

Este duplo anuncio chega nun momento de plena madureza artística, constatando a súa condición de creadora integral e consolidando o seu lugar como unha das voces máis auténticas e recoñecibles da música galega contemporánea.

Máis novas

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Sabela adica o seu novo traballo a Maruja Mallo

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here