InicioCULTURAO Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros deron unha lección de compromiso na estrea do festival Lembranza Rock. Unha cita que ten visos de ficar como parte fixa da axenda das Festas de María Pita, gracias á gran acollida de boa parte do barrio e de moitos achegados, amantes da música galega implicada.

Porque na vida hai que posicionarse, como deixou claro Sés en varias das súas intervencións, a a Asociación veciñal mollouse e moito coa elección dos artistas (todo bandas galegas e que “loitan por causas xustas”). Ata o concelleiro Gonzalo Castro, o mesmo que apoia ás produtoras (que teñen financiadores sionistas) dos festivais privados,  se contaxiou e deu un discurso pedindo a necesaria parálise mundial en contra do xenocidio.

O Lembranza Rock unha demostracion de compromiso
Ata Gonzalo Castro pousou coa bandeira Palestina

A música galega, protagonista

Xa é posicionarse traer só bandas galegas, e estas tres ademais xa é directa a mensaxe. Arrincaron co seu potente directo a banda Rebeliom de Inframundo. Acompañados por un séquito de fieis que sabían cada letra, trouxeron dende Ponteareas o seu rap combativo, con letras ferventes, que pasaron do “Eu chorar chorei o domingo a tarde” ao “Se non tendes sacho taerémolo nós”.

Tomou o relevo Sés, coa súa potencia desgarradora sobre o escenario. Desta volta, algo máis relaxada que outras veces, sempre co discurso histórico de defensa da nosa lingua e o noso patrimonio inmaterial, e sempre maridando ritmos que atravesaron unha e outra vez o Atlántico, e que tan ben maridan coas nosas pandeiretas. Destacou a fermosura de ser “de barrio” e lembrou o seu Elviña, antes de que o seu himno xeracional, “Tempestades de sal”, atronase o barrio da Gaiteira.

Caían unhas pingas pero non impediu o gran remate da festa pangalaica coa rabia dos Ruxe Ruxe. Unha das bandas máis lonxevas do rock galego, formada en 1996 en Aríns (Compostela), non cambia a súa forma de entender a música, e deu o seu poderoso directo de guitarras crúas e letras cheas de implicación.

ÚLTIMAS

Labañou e San Roque celebraron unha merenda colectiva por unha escola “digna e segura”

Non decae a loita da ANPA do CEIP Prácticas por unha reforma integral no...

O goberno da Coruña abre unha vía de negociación co BNG tras o bloqueo dos orzamentos

O voceiro do goberno municipal da Coruña, o socialista José Manuel Lage, avanzou que...

A patronal dos supermercados da Coruña cuestiona as folgas e defende a súa oferta salarial

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña puxo en cuestión que se manteñan...

A Coruña únese este sábado á Limpeza Simultánea de Praias

Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here