As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro, e o seguirán facendo ata que non se resolva o problema de seguridade que sofre o centro dende a caída dun cascote de grandes dimensións a comezo de curso.
A ANPA levan anos esixindo unha reforme integral, pero é que o estado actual provoca que a emerxencia sexa máis urxente que nunca.
A raíz do suceso, a ANPA Herrerías decidiu encargar un informe arquitectónico de forma independente. O informe identificou unha greta nun muro que requiría vixilancia e outro muro que necesitaba reforzo inmediato. No mesmo informe, o arquitecto aconsellaba cesar o uso dos espazos adxacentes ao muro problemático ata que este fose reforzado.
A pesar de que a ANPA presentou oficialmente o informe tanto ao Concello como á Xunta, solicitando medidas de precaución, o peche das zonas afectadas —incluída unha aula de primaria— e unha avaliación exhaustiva do estado do edificio, así como os traballos de reforzo do muro necesarios, despois de dúas semanas non se tomou ningunha medida.
Así, tras 12 días de silencio por parte de ambas as institucións, a ANPA contactou cos Bombeiros e a Policía. Os Bombeiros afirmaron carecer de competencia, mentres que a Policía prometeu unha actuación que nunca se tomou. I é que dende a ANPA, teñen claro que “a inacción, cando existe risco para as persoas, constitúe un delito penal”.
Por iso, comezan unha mobilización cada venres diante do edificio para esixir o fin da inacción e defender o dereito dos seus fillos a unha escola pública segura, digna e de calidade.

