Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM.
O programa, que se emite cada noite de xoves nas ondas do 103.4FM, comezou falando do Campionato Galego de Slalom, que celebrou a súa última carreira a fin de semana pasada en Fene. Nesta carreira, Iván Picallo acabou segundo e Aitor Fornos terceiro. Estes dous pilotos competían polo título xeral, e Picallo acumulou 190 puntos fronte aos 185 de Fornos. Polo tanto, en teoría, Picallo sería o gañador desta tempada. Non obstante, durante a cerimonia de entrega de premios, alguén do equipo organizador informou a Picallo de que Fornos era o gañador do título, baseándose en dous artigos do regulamento. A día de hoxe, estamos á espera de que a Federación Galega de Automobilismo (FGA) decida quen é o Campión Galego de Slalon de 2026.
En SKPMotor, sempre con fontes primarias, falou tanto a Iván Picallo como a Aitor Fornos.
No estudio estiveron Carlos Bouza e Lionell Rizzi do Club de Autocross de Arteixo. Este sábado 28 de novembro, o Circuíto José Ramón Losada volve á acción coa 15ª edición do Trofeo de Resistencia Off-Road, que conta con 21 equipos inscritos. O gañador será o equipo que complete máis voltas ao circuíto durante a carreira de 4 horas. Os equipos están formados por 3 ou 5 pilotos.
Ademais, o programa tamén puxo a mirada na fin de semana do 5 e 6 de decembro, cando se celebrará a 6ª edición do Trofeo de Carcross, que xa conta con 66 pilotos inscritos, entre os que se inclúen nomes destacados como Beto Lorenzo, Iván Ares e Mikel Azcona, campión do TCR World Tour de 2026.
Podes escoitar o programa nesta ligazón ou velo aquí embaixo:

